Durante o acto, Riveira presentou unha batería de propostas para mellorar os servizos en Xermade
Xermade, 21 de maio de 2023. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o coordinador xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, arrouparon ao candidato do PP de Xermade á alcaldía Antonio Riveira nun acto de campaña, onde amosaron o apoio ao seu proxecto político do que, o popular asegura, “ten como obxectivo o benestar e a calidade de vida da veciñanza”.
Durante o encontro, Riveira expuxo a súa preocupación en relación á perda de poboación de municipio nos últimos anos e apostou por promover o asentamento poboacional a través da atención aos maiores -aumentando o orzamento para servizos sociais e as horas para atender a todos os veciños que o precisen-, a rehabilitación de vivenda, potenciando o polígono e promovendo a ampliación preto da AG-64.Outra das medidas en materia social é promover a creación de “casas do maior”, uns centros que cumprirían unha función similar ás residencias xeriátricas; e “máis casas niño”.
Ademais, propón unha mellora das infraestruturas viarias e as redes de abastecemento e saneamento, achegar a conexión de fibra óptica a todas as parroquias do concello, a dinamización do emprego e actividade económica a través da creación dun Plan municipal de apoio ao emprendemento e formación a empresas e autónomos. Ademais, Riveira ve necesaria a regulación de taxas e impostos para “non cargar máis impostos ao rural” e axudar ás asociacións veciñais a fomentar actividades de interese público”.
Balseiro expuxo durante a súa intervención que “o Concello de Xermade leva oito anos paralizado” e, polo tanto, cre que “volva contar cun goberno do PP, con capacidade de xestión, que favoreza o seu empuxe e crecemento”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



