A nova candidatura de Via Alfoz, que conta con seis caras novas, foi presentada esta semana nun concorrido evento celebrado en Finca Galea
Alfoz, 8 de maio, 2023. A nova candidatura coa que VIA Alfoz se presentará ás eleccións locais do vindeiro 28 de maio, foi presentada esta semana nun concorrido acto celebrado en Finca Galea, Alfoz. Antes da presentación dos membros da candidatura, interviron Efigenia Maseda, candidata á alcaldía, ademais de Eliseo Lorenzo, Judit Casabella e Xabier Pardiñas.
Na súa intervención, Efigenia Maseda repasou os aspectos a mellorar no Concello Alfoz incluídos no proxecto co que VIA Alfoz se presenta ás vindeiras eleccións, recordando “a xente nova cos seus problemas, principalmente de vivenda e emprego, os que xa teñen traballo pero agardan a que alguén os apoie, ao igual que as empresas, o turismo, a educación, os nosos maiores que tras unha vida de traballos ben teñen merecido o seu coidado”. Tamén tivo tempo para repasar aspectos relacionados co turismo, demandando a mellora “da imaxe urbana e rural que se ofrece ao visitante que se achega ao noso concello” degradada pola falta de mantemento. Tivo tamén palabras para a cultura, facendo mención especial a un Mercado Medieval que esmorece, “o Mercado Medieval está morto, pero non enterrado, debemos recuperalo”. Ademais, a alcaldable engadiu que “este proxecto é un proxecto de equipo, xa que non depende so da candidata senón que nel están implicados todos e cada un dos membros de VIA Alfoz e abandeirando o slogan: elixo mellorar Alfoz.”
Pola súa parte, Eliseo Lorenzo, indicou que “a finais deste mes temos unhas novas eleccións que se converten en chave para darlle a volta á situación actual. Chegou o momento de darlle a Alfoz o impulso que precisa”. Ademais, destacou que “temos a ansia de poñer en práctica as iniciativas que Alfoz necesita para o asentamento de poboación. Tamén aumentar e potenciar servizos existentes no concello como a escola infantil, os centros de infantil, primaria e ESO, a vivenda comunitaria e, por suposto, o apoio ás asociacións….”. O actual concelleiro e número dous da candidatura, rematou a súa intervención facendo mención á candidata á alcaldía, “presentámonos a estas eleccións con ganas de traballar por Alfoz, cunha candidata sobradamente formada, que coñece moi ben o noso concello, porque xa traballou nel, e estes dous anos estivo como voceira do noso partido demostrando a valía de VIA para gobernar.”
Representando as novas incorporacións, tomou tamén a palabra Judit Casabella, número tres da candidatura, quen destacou que “aínda que a política me gusta e decepciona a partes iguais, volvo principalmente por este proxecto veciñal, xusto e honesto, nun equipo con grandes profesionais, humildes e comprometidos, sen prexuízos, dos que sinto un profundo respecto e admiración. Os cales non seguen directrices de partidos políticos que están moi afastados da realidade municipal”.
Xabier Pardiñas, que foi o encargado de presentar aos candidatos, indicou que “o feito de que exista esta lista, permite que haxa unha alternativa aos grandes partidos. Unha alternativa formada por xente que non se debe a ningún partido. Xente que unicamente se debe aos veciños e veciñas de Alfoz”, neste sentido recordou que VIA é unha candidatura que non segue ordes de partido, “que soamente segue as vosas ordes, que escoita as vosas necesidades, as vosas inquedanzas, todo o que necesitades pode canalizarse libremente a través de VIA Alfoz”. Pardiñas, que ocupará o cuarto posto da candidatura, foi tamén crítico cos bulos e as mentiras interesadas que aparecen, como cada campaña, e que sempre veñen dos mesmos lados, “este bulos e mentiras van dirixidas a VIA, e tamén a min en particular”, engadindo que “creo que non teño que pedir desculpas por ter éxito no meu traballo”, palabras que provocaron o aplauso dos asistentes.
A candidatura está formada polos seguintes compoñentes:
1. Efigenia Maseda Paz
2. Eliseo Lorenzo García
3. Judit Casabella Pardeiro
4. Xabier Pardiñas Suárez
5. Susana Díaz Gil
6. María Fernánda Casabella Méndez
7. Pedro Luís Fernández Expósito
8. Iria Braña López
9. José Luís Cascudo Cascudo
10. Carmen Dolores Geada Maseda
11. María José Prado Fernández
12. Yahel Rodríguez Rubal
13. Francisco José Fernandez Fraga
14. Pablo José Maseda Rubal
15. Borja Vizoso Cora
16. Jordi Melián Pagés





















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



