Madrid, 6 de marzo, 2023. O ‘Festival Bal y Gay’, referente de música clásica en España polas súas excelentes propostas artísticas en espazos emblemáticos da Mariña, presentou a súa décima edición con 13 concertos do 10 ao 24 de agosto. Maria João Pires, Konstantin Krimmel, Cuarteto Quiroga, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt, Kebyart, Sara Ferrández, Rocío Pérez, Opera Omnia, Conrado Moya ou Katarzyna Myćka configurarán un cartel espléndido que combina contrastados artistas e grupos nacionais e internacionais con mozos de gran proxección mundial. As entradas, desde 12 euros, e os abonos, desde 43 euros, xa están á venda en festivalbalygay.com. O acto tivo lugar este 6 de xuño na Casa de Galicia de Madrid coa presenza de Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay; Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; Anxo Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia; e Sonia Mulero, Directora da Fundación Banco Sabadell. Estivo presentado por Clara Currais (‘Sinfonía da mañá’ Radio Clásica RNE) e incluíu a actuación do violonchelista Fernando Arias (Trío VibrArt).
A Real Filharmonía de Galicia, emblema cultural de Galicia con máis de 25 anos de historia, inaugurará a décima edición do festival o 10 de agosto no Teatro Pastor Díaz de Viveiro cunha gala lírica dirixida por Maximino Zumalave. Posteriormente, Kebyart, talentoso cuarteto de saxofones e un dos grupos máis prometedores da escena musical actual, actuará o día 12 na Fortaleza de Alfoz. A soprano Rocío Pérez ofrecerá un recital o día 13 no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo e a violonchelista Sara Ferrández fará o propio o día 14 na Igrexa de Lourenzá.
A continuación, chegará un dos momentos cume do festival: Maria João Pires. A pianista portuguesa, unha das mellores do mundo, estará o día 15 no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo. De seguido, o Cuarteto Quiroga, aclamado en todo o mundo, tocará o día 16 na Basílica de San Martiño de Foz. O Pazo do Conde de Fontao de Foz será outro dos escenarios, acollendo a Juan Pérez Floristán, un dos grandes pianistas do momento, co seu Trío VibrArt o día 18 de agosto.
Os percusionistas Conrado Moya e Katarzyna Myćka presentaranse o día 19 na Fábrica de Sargadelos de Cervo, preludio do concerto de Opera Omnia, relevante formación española de música antiga, o día 20 na Igrexa de Santiago de Foz. O recital do novo barítono alemán Konstantin Krimmel producirase o día 21 na Catedral de Mondoñedo. O quinteto galego Zoar soará o día 22 en Benquerencia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, unha das máis recoñecidas en España tras 30 anos de traxectoria, clausurará o festival o día 24 na Catedral de Mondoñedo.
PROGRAMACIÓN ‘FESTIVAL BAL Y GAY 2023’
Real Filharmonía de Galicia con Maximino Zumalave (día 10, Teatro Pastor Díaz de Viveiro)
Kebyart (día 12, Fortaleza de Alfoz)
Rocío Pérez (día 13, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
Sara Ferrández (día 14, Iglesia de Lourenzá)
Maria João Pires (día 15, Auditorio Hernán Naval de Ribadeo)
Cuarteto Quiroga (día 16, Basílica de San Martiño de Foz)
Juan Pérez Floristán co seu Trío VibrArt (día 18, Pazo do Conde de Fontao de Foz)
Conrado Moya e Katarzyna Myćka (día 19, Fábrica de Sargadelos de Cervo)
Opera Omnia (día 20, Iglesia de Santiago de Foz)
Konstantin Krimmel (día 21, Catedral de Mondoñedo)
Quinteto Zoar (día 22, Benquerencia, Barreiros)
Orquestra Sinfónica de Galicia (día 24, Catedral de Mondoñedo)
ALBA RODRÍGUEZ: “QUEREMOS CONSOLIDAR NUESTRA EXCELENCIA EN ESTA EDICIÓN”
“Queremos que esta décima edición sea la consolidación de la marca de excelencia, calidad y coherencia conseguida en ediciones anteriores. Un formato que hace posible la accesibilidad en una zona rural de propuestas habituales en las grandes salas de conciertos, fomentando el turismo rural y posicionando a A Mariña como centro musical de referencia para artistas y público. Cada concierto se convierte en una experiencia mágica, poniendo en valor el patrimonio y la esencia de la zona con escenarios en espacios singulares. Mezclamos la experiencia y profundidad de los grandes nombres de la música clásica con la generosidad y espontaneidad del talento joven con mayor proyección, cultivando la diversidad artística”, ha afirmado su directora Alba Rodríguez.
ENRIQUE RODRÍGUEZ BAIXERAS: “EL FESTIVALAPUESTA POR EL DERECHO A LA CULTURA”
“El festival es, desde sus inicios, una apuesta por el derecho a la cultura, entendiendo la cultura como ámbito generador de crecimiento compartido, tanto por su potencial económico como por su capacidad para transcender barreras. En este sentido, Bal y Gay ha apostado por un ambicioso proyecto social de actividades musicales durante todo el año escolar, como consecuencia de sus objetivos principales. Todo ello es posible gracias al apoyo público y privado, que ha permitido el alcance máximo en todas nuestras acciones”, ha añadido Enrique Rodríguez Baixeras, presidente de la Fundación Xesús Bal y Gay, entidad que organiza el festival.
FESTIVAL ÚNICO A NIVEL NACIONAL DESDE 2014 NA COMARCA LUCENSE DA MARIÑA
O ‘Festival Bal y Gay’ é único a nivel nacional. A fusión da música con emprazamentos fascinantes converte os concertos en eventos repletos de autenticidade e identidade. Grandes artistas nacionais e internacionais visitan en agosto as localidades da comarca da Mariña. Unha viaxe polas distintas etapas da música clásica nunha programación que abarca desde o barroco máis temperán ata o século XX con chiscadelas a outros estilos. Un proxecto que inclúe diversas sensibilidades estéticas e propostas para ampliar o horizonte do público.
O festival enche cada ano A Mariña de música en vivo de calidade, afianzando esta comarca lucense como destino cultural de referencia en Galicia e España. Ademais, desexa facilitar que a poboación local goce dunha programación musical de excelencia en espazos extraordinarios onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona. O gran reclamo do evento é a experiencia 360 que ofrece A Mariña, así como o alto nivel dunhas propostas artísticas comparables ás de calquera sala de gran prestixio nacional e internacional.
O ‘Festival Bal y Gay’ nace en 2014 como iniciativa da Asociación Jesús Bal y Gay, agora convertida na Fundación Jesús Bal y Gay. O seu propósito é facer accesible a música clásica para todos os públicos, democratizando e descentralizando a cultura. Un proxecto que enriquece culturalmente á poboación e cuxa afluencia turística dota á provincia de Lugo e a Galicia de maior visibilidade. Un modelo incomparable que permite o contacto entre municipios (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Barreiros, Alfoz) e ao público gozar da beleza da comarca.
A boa xestión do festival foi apoiada de forma unánime por entidades privadas e públicas, garantindo a solidez e estabilidade do proxecto. Mantense a Fundación Banco Sabadell como principal entidade colaboradora, o apoio esencial da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, así como a axuda dos concellos participantes (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Barreiros, Alfoz) e outros patrocinios de empresas clave da zona.























Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



