A iniciativa, promovida por Clusaga e a Administración galega, a través da Oficina Next Gen Food Galicia, conta cun orzamento de case 26M€ na procura de transformar o sector lácteo a través da I+D+i e o investimento en activos de protección ao medio ambiente e aforro enerxético
Lugo, 15 de xuño de 2023. O proxecto Smartz4milk Cadea de Valor Láctea Intelixente, Trazable, Sostible e Conectada, presentouse esta mañá nas instalacións do Grupo Leche Río en Lugo. Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e Clusaga a través da oficina Next Gen Food Galicia que busca avanzar na modernización do sector lácteo acadando fondos europeos no marco do Perte Agroalimentario.
Smartz4milk é un proxecto tractor liderado por empresas galegas e para o que a Xunta agarda que se obteña financiamento no marco deste Perte, que conta cunha partida de preto de 1.500 millóns. Suma 14 empresas e centros tecnolóxicos e de coñecemento galegos -xunto con outros de Asturias, Cantabria, Andalucía, Cataluña e Comunidade Valenciana-, e aposta pola innovación e a mellora competitiva dunha industria que supón o 1,5% do PIB galego e da que a comunidade é líder nacional de produción.
Para o seu desenvolvemento, o proxecto conta cun orzamento de case 26M€, centrándose en tres grandes bloques de competitividade, sustentabilidade e rastrexabilidade a través de 24 actuacións distintas encamiñadas a transformar o sector lácteo grazas á I+D+i e o investimento en activos de protección ao medio ambiente e aforro enerxético.
Oficina Next Generation Galicia Food
Cómpre lembrar que Galicia ten posto en marcha distintas oficinas para facilitar ao tecido empresarial a concorrencia aos fondos europeos. Así, a Xunta, a través do Igape, e Clusaga, activaron no seu momento a oficina Next Generation Galicia Food coa finalidade de aproveitar a oportunidade dos fondos europeos para impulsar a transformación económica e social do sector agroalimentario en Galicia.
Esta Oficina está a acompañar ás empresas, brindando un apoio integral que vai desde a difusión, seguimento e análise de convocatorias ata a asistencia na elaboración e presentación de propostas ás convocatorias de Next Generation e, en particular, ao Perte da cadea agroalimentaria.
Este labor de acompañamento e mobilización, baseado na colaboración público-privada, permitiu desenvolver con éxito un proxecto tractor como o de Smartz4milk, que constitúe unha oportunidade para mellorar a competitividade da industria láctea galega.
De saír adiante, o proxecto sumaríase a outras iniciativas da industria que xa contan co apoio dos fondos europeos, como son Milktelligence, que busca mellorar a produtividade do sector mediante a recollida de datos e visualización de indicadores clave na produción; e Smart4Cheese, que persegue impulsar a dixitalización integral no sector lácteo de queixerías.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



