Ribadeo, 6 de xuño de 2023. Acisa Ribadeo únese á campaña Días Azuis da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia, na que se sortearán 12.000 euros premios repartidos en 24 tarxetas de 250 euros e en 40 de 150 euros cada unha.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “desde Acisa queremos unirnos a esta campaña de dinamización comercial, que servirá para complementar a nosa propia axenda de actividades durante este mes de xuño, grazas ao sorteo de 12.000 euros en tarxetas de 150 e 250 euros. É importante destacar neste sentido, que esta campaña únese á do Rasca e Gaña, que ten en marcha a nosa asociación desde hai semanas e na que puxemos 15.000 premios en xogo”.
Pérez Prada contou que “o funcionamento da campaña dos Días Azuis é sinxelo, como todos os anos. O cliente rexistra a súa compra na web www.diasazuis.com, a través de móbil, tablet, pc…, ou lle poden axudar no propio establecemento a través da web www.diasazuis.com/comercios e desta forma o cliente terá dobre posibilidade de participar. É moi importante que o cliente garde ou fotografíe o tícket de compra. A través de Acisa case 100 negocios de Ribadeo participan nesta campaña comercial, que comezou onte 5 de xuño e que finalizará o 25 deste mes. Nesta campaña vanse sortear 24 tarxetas de 250 euros e 40 tarxetas de 150 euros”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “esta é unha oportunidade moi interesante para os nosos clientes, xa que polas compras realizadas no comercio asociado a Acisa Ribadeo, poden optar a estes interesantes premios, e ademais poden utilizar os miles de premios que de seguro lles tocaron xa co noso Rasca e Gaña. Neste sentido gustaríanos recordar que o Rasca e Gaña segue en marcha ata o dia 23 de xuño. Sabemos que nalgúns locais aínda segue habendo rascas para solicitar polas compras feitas neles, pero agora chega o momentos de utilizalos antes de que finalice a campaña, e poder desfrutar dese desconto ou promoción tan interesante de cara á temporada de verán. Aínda quedan premios por repartir e como dixemos hai semanas, cando presentamos esta campaña, gustaríanos entregar os 15.000 premios que se puxeron en xogo”.
Cruzado Iglesias engadiu que “estas actividades estanse a compaxinar tamén coas vésperas e antevésperas do Ribadeo Indiano que onte daba comezo cun obradoiro de coctelería, e que son un aperitivo dos pratos fortes dos que xa en menos dun mes poderemos desfrutar”.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



