Os socialistas de Vilalba, xunto con Vilalba Aberta e o BNG, acordan investir a Elba Veleiro como alcaldesa para o mandato 2023-2027
Vilalba, 16 de xuño de 2023. Os socialistas de Vilalba, Vilalba Aberta e o BNG, acordan investir a Elba Veleiro como alcaldesa para o mandato 2023-2027, na sesión plenaria que se celebrará mañá sábado ca casa consistorial da capital da Terra Chá. Ademais, o PSdeG asinou un pacto con Vilalba Aberta para gobernar o Concello nos vindeiros 4 anos.
Deste xeito cómprese o mandato dos vilalbesas e vilalbesas das pasadas eleccións municipais que maioritariamente apostaron para que sexan as forzas progresistas da esquerda ás que gobernen o Concello de Vilalba.
Neste proceso de acordo estivo sempre presente o BNG, aínda que declinou entrar no Goberno Municipal, comprometeuse a apoiar a investidura de Elba Veleiro. O documento de acordo foi asinado polo secretario xeral da Agrupación Socialista de Vilalba, Eduardo Vidal Baamonde e a Presidenta de Vilalba Aberta, Mónica González Fernández. Nel recóllense os principios xerais de actuación, as medidas de aplicación transversal das distintas área de goberno, así como as medidas de acción programática a curto e medio prazo.
Dito acordo recolle tamén as delegacións de área que corresponden a cada formación política. Polo tanto, o Grupo Municipal Socialista de Vilalba será o responsable de xestionar; infraestruturas urbanas, medio ambiente urbano e natural, servizos sociais, economía, facenda, servizos municipais, réxime interior, seguridade cidadá, feiras, mercados, promoción do deporte, igualdade e xuventude.
E no que respecta a Vilalba Aberta levará as areas de: Urbanismo, infraestruturas rurais e planeamento industrial, cultura, comercio, turismo e promoción da lingua.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



