A Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servizos Sociais precisa persoas voluntarias para proxectos de apoio educativo, acompañamento social ou reparto de alimentos
Viveiro, 23 de xuño de 2023. Dende a Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servizos Sociais do Concello de Viveiro están a buscar voluntarios para varios proxectos.
Trátase de iniciativas de apoio educativo, ocio e tempo libre, de acompañamento social e de reparto de alimentos perecederos, dirixidos todos eles a colectivos desfavorecidos.
O primeiro destes tres proxectos consiste en dar apoio educativo e actividades de ocio e tempo libre durante os meses de verán a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos. Búscase en particular a persoas voluntarias con formación na área educativa ou social.
No segundo proxecto solicítanse voluntarios para realizar paseos ou dar acompañamento para citas médicas en hospitais e centros de saúde. O terceiro proxecto consiste na recepción e distribución de alimentos entre as familias máis vulnerables.
As personas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais poden chamar ao Centro de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00, nos teléfonos 982550421 e 604046956.





















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



