Todos os traballos presentados amosaranse na páxina web do proxecto para o público infantil Primavera das Letras
A Coruña, luns 17 de xullo de 2023. A Real Academia Galega amplía ata o xoves 27 de xullo o prazo para participar no concurso Contádenos o voso Día das Letras 2023. A iniciativa diríxese a todos os centros escolares de educación infantil e primaria e mais ao alumnado con necesidades especiais de apoio educativo. A convocatoria forma parte de Primavera das Letras, o proxecto web da RAG que fornece a comunidade educativa de recursos lúdicos e didácticos sobre a vida e obra da figura á que a institución lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas.
Nesta ocasión o protagonista é o intelectual Francisco Fernández del Riego, ao que a Real Academia Galega lle dedicou o pasado 17 de maio. Cada centro pode concorrer co proxecto ou proxectos que desexe, tanto aqueles que impliquen toda a comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc. Os colexios deben enviar as ligazóns que amosen ou resuman os seus traballos ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal de acordo coas bases do concurso, dispoñibles en primaveradasletras.gal, onde se divulgarán todas as contribucións. Os centros participantes recibirán un diploma, e os tres premiados un lote de libros.
Primavera das Letras conta dende o seu nacemento, en 2016, co apoio da Deputación da Coruña. Nesta oitava edición a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo foron as encargadas de achegar a figura de Francisco Fernández del Riego ao público máis novo nunha biografía teatralizada, para ler e para representar, que pode descargarse na páxina web do proxecto.
Primavera das Letras conta ademais cunha nova sección, Lingua Guapa, concibida para acubillar contidos para o público máis novo alén da celebración do 17 de maio. Nela pode verse xa a curtametraxe A orixe da nosa lingua guapa, unha película protagonizada polo alumnado do CPI Santa Lucía de Moraña que explica, a través da fantasía e o humor, como se formou o galego ao longo dos séculos. O filme baséase nunha idea orixinal da académica responsable de Primavera das Letras, Fina Casalderrey, autora de referencia no eido da literatura infantil e xuvenil.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



