Burela, 13 de xullo de 2023. Burela converterá os areais en espazos máis vivibles. Así o asegurou a alcaldesa, Carmela López, tras a xuntanza mantida hoxe polo comité de praias na que se abordaron cuestións como a limpeza ou a falla de socorristas.
A rexedora e presidenta do comité de praias contou que “o que fixemos neste encontro foi por en valor os centros azuis (a Aula Medio Ambiental Gaia e o barco museo Reina del Carmen), onde se izará a bandeira marcando este como o acto institucional principal”.
Enriba da mesa estivo tamén a escaseza de socorristas: “abordamos a problemática que sufrimos un verán máis ante a falla de socorristas e a xestión realizada desde Burela ao contratar aos técnicos sanitarios. Coas posibilidades que tiña enriba da mesa o pasado 19 de xuño a opción elixida foi a mellor”. E engadiu: “esta mañá tamén falamos de posibles alternativas de cara ao vindeiro ano. Imos trasladarlle á Fegamp e á Mancomunidade -xa coñecedores da problemática e de que o sistema actual marcado pola Xunta de Galicia non funciona- a necesidade de tentar alcanzar melloras e así evitar que isto se converta nunha loita entre concellos para conseguir socorristas para as nosas praias”. Para Carmela López “tal e como está plantexado na actualidade queda claro que o sistema falla e vese que favorece a contratación de servizos privados.”
A rexedora contou que “tamén analizamos a limpeza que estamos a realizar nas praias, así como as inversións que estamos a facer en sinalización e en mobiliario, investimos en cambiadores novos porque precisan ser substituídos. Levo a Concellería de Medio Ambiente e son a presidenta deste comité de praias e quero investir e darlle un xiro á vida das nosas praias porque xullo e agosto non son suficientes”.
López subliñou que “a proposta que levei a esta reunión é converter as praias en espazos máis vivibles, queremos que a vida nos areais non se limite so aos meses de xullo e agosto, senón que é preciso anticiparse en todo, é dicir preparar as praias antes e que a partir de xuño poidamos gozar delas”.
O secretario do comité de praias, Mario Pillado, sinalou que “emprazamos aos membros do comité a unha nova convocatoria trala tempada estival para facer balance da mesma, así como tamén anunciamos que o vindeiro ano farase unha convocatoria previa, na primavera, para preparar a nova tempada de verán. Deste xeito buscamos a maior anticipación e previsión posible”.
O comité de praias está formado por: Carmela López Moreno (Alcaldesa e presidenta do comité); Ramiro Fernández Rey (Concelleiro de Obras e Servizos e coordinador do comité); Mario Pillado Mon (Concelleiro de Educación e secretario do comité); Félix Alberto Martins GonÇalves (representante do grupo municipal do Partido Popular); Alberto Eiroá Pérez (representante do grupo mixto); Juan Luis Moreno Cazorla (representante da empresa de abastecemento e saneamento de auga); Luis Torre e Belén González (representantes da empresa de xestión dos residuos); Jose Emilio García López (xefe de Protección Civil); José Manuel Rey Barcia (representante da asociación de veciños O Vencello) e Manuel Vicente Galdón Couto (xefe da Policía Local).























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



