Falabamos a semana última do financiamento do autogoberno galego como primeiro capítulo da axenda galega que compre levar ás negociacións previas á investidura. Hoxe é a quenda da propia ampliación das competencias públicas que alicerzan esse autogoberno.
O Estatuto de Galicia (EAG) recoñece a titularidade galega a respecto dalgunhas das competencias que non son efectivas pola falla do traspaso dos medios e servizos cos que o Goberno do Estado as xestiona.Velaí i) o ordenamento do litoral (artigo 27.3 EAG), ii) o traspaso da AP-9 e da AP-53 por decorrer íntegramente no territorio galego (artigo 27.8 EAG in fine), iii) as liñas de alta tensión (LAT) Mesón do Vento-As Pontes e As Pontes-San Cibrao (artigo 27.13 EAG in fine ), o ordenamento do sector pesqueiro (artigo 28.5 EAG), a inspección de traballo (derivada doi artigo 29.1 EAG), competencias de execución en salvamento marítimo (artigo 29.3 EAG). inspección da Seguridade Social (artigo 33.2 EAG in fine) ou a xestión do seu réxime económico no territorio galego (artigo 33.2 EAG). Tamén a xestión de bolsas e axudas ao estudo e a xestión dos museos, bibliotecas e arquivos de titularidade estatal (traspasos de servizos pactados xa polo vicepresidente Anxo Quintana en decembro de 2008 e que Feijóo e Rueda nunca quixeron asumilos nestes case 15 anos).
Por outra banda precisamos dunha lei orgánica potente ( promovida polo BNG e demáis forzas soberanistas) para acadarmos a transferencia das competencias nos eidos do tráfico, da seguridade viaria, da policía de seguranza pública e das competencias do goberno e réxime local, a xeito de transformación estrutural do Estado para recoñecermos as competencias que todos os Estados federais e plurinacionais atribúenlle ás súas autonomías subestatais.
Mais as nosas competencias autonómicas coñeceron dende o ingreso nas Cmunidades Europeas no 1986 un proceso de redución e homologación que ha ser freado de vez co gallo desta inusual oportunidade. Un proceso recentralizador sempre potenciado por eses árbitros caseiros que son os Tribunais Constitucional e Supremo que agora cómpre ser, primeiro denunciado, logo remitido, en último de contas desfeito.
Tamén cómpre blindarmos a nosa lingua propia como preferente no uso público e civil e máis como vehicular en toda caste de ensinos. A medio dunha lei orgánica de linguas oficiais, cos mesmos devanditos promoventes, ampliaremos as estreitas marxes da cooficialidade do artigo 3 da Constitución para equiparar de vez xuridicamente o estatuto xurídico-constitucional do galego e do castelán. Lexislando a obrigatoriedade de uso e coñecemento do galego para todos os empregados públicos na Galicia.
Haberemos ter tempo abondo neste impasse político para analisarmos estas e outras cuestións.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



