Seica a investidura de Pedro Sánchez dependerá non só da abstención de JxCat (Junts), senón do seu proprio voto positivo, se o escrutínio xeral lle da ao PP o deputado 137 no canto do 122 do PSOE na rexión de Madrid. O grao de incerteza a respecto desta investidura é moi importante. Cómpre, logo, non darmos nada por feito.
En calquera caso ha ser un proceso bastante demorado polo que sería bo aproveitar o tempo para crear as condicións dese pacto de investidura entre as esquerdas españolas (PSOE e Sumar) e os soberanismos galego, catalán e vasco que constitúe o único xeito de evitarmos novas eleccións estatais cara fin de ano. No que atinxe á relación entre o PSOE e Sumar (Comúns na Catalunya) e Junts hai moito por amañar, moitas desconfianzas por superar. Velaí a fachenda reincidente de Pedro Sánchez prometendo acadar a extradición do president Puigdemont para ser prendido e xulgado, a última vez este 5 de xullo. Ou a operación deseñada en Madrid para que os comúns de Ada Colau, canda o PP e o PSC, fixesen alcalde de Barcelona o 17 de xuño a Collbony, no canto do candidato máis votado Xavier Trías (JuntsxCat).
A ecuación require agora que as esquerdas españolas respecten o que representa Junts o que significa Puigdemont. Junts é o único partido catalán posterior ao procès e definido como unha forza transversal, que integra sensibilidades de esquerdas, socialdemocratas e social-liberais, que quere xuntar a experiencia institucional e de goberno local de moitos cadros que pasaron pola antiga CDC canda vocacións políticas nadas da sociedade civil catalã vencellada á reivindicación nacional, social e cultural. Pola súa banda Carles Puigdemont non é un prófugo da xustiza, senón un lexítimo president cesado polo PP e PSOE no 2017 que xa recibiu resolucións xudiciais belgas, europeas e alemanas favorábeis á súa tese de que nin cometeu delicto ningún homologábel aos delictos europeos nin tivo unha instrución nin terá un xuizo xustos. Fico ao seu dispor para ampliar e xustificar máis a xeito este razonamento cando vostedes dispoñan.
Seica temos un problema. Mais podería ser unha oportunidade se as esquerdas españolas dialogan con Junts e coas forzas todas dos soberanismos galego, catalán e vasco de xeito leal. Sen “colegueos”, mais dende a convicción de que non hai democracia e liberdade no Estado español senón hai liberdade, democracia e dereito a decidirmos o futuro na Catalunya, Euskadi e Galicia. O president Más ven de recoñecelo nunha moi recente entrevista, salientando o carácter fulcral de Junts neste diálogo e promovendo o GALEUSCAT canto menos na plataforma negociadora.
O Estado español constitúe un problema complexo. E os problemas complexos requiren de solucións consensuadas e intelixentes. As esquerdas españolas non haberían seguer alicerzar as súas propostas nas antigas e caducas, antidemocráticas e iliberais solucións unionistas da España unitarizada á forza das dereitas españolas


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



