O cabeza de lista ao Congreso visitou o concello das Nogais, onde está en tramitación a instalación dun parque eólico
Lugo, 8 de xullo de 2023. O candidato do BNG ao Congreso, Daniel Castro, visitou o concello das Nogais, onde está a tramitarse a instalación dun parque eólico con 12 aeroxeradores neste concello, e que afectará tamén aos terreos de Becerreá con 4 aeroxeradores e Triacastela con 3. Castro afirmou que “este proxecto afectará a un gran número de persoas que traballan en actividades directamente relacionadas co territorio, ademais de ter un gran impacto en terreos próximos á Rede Natura, zonas nas que se debería garantir a protección do medio natural”.
Daniel Castro explicou que, cun grupo galego forte, “o BNG traballará no congreso polo cambio de modelo enerxético no noso territorio, dando prioridade a un modelo de xeración e produción a menor escala, máis próxima aos centros de consumo”. O BNG defenderá tamén a creación dunha tarifa eléctrica galega, que considere, a través de redución nas peaxes do transporte, o papel de Galiza como nación excedentaria na produción eléctrica, compensando o impacto ambiental e social derivado da súa produción, “Actualmente as galegas e galegos estamos a pagar a luz máis cara do estado, mais ao mesmo tempo estamos producindo enerxía que é consumida no resto do estado”, explicou Daniel Castro.
O BNG defenderá no congreso a recuperación das garantías ambientais e a participación cidadá na implantación de proxectos eólicos, rectificando as medidas incorporadas no RDL 20/2022 que permiten ás grandes enerxéticas decidir onde instalaren parques ou macroparques eólicos sen control, sen necesidade de Declaración de Impacto Ambiental e sen participación cidadá, o que fomentou un boom eólico depredador con proxectos que non están calibrados para o desenvolvemento social e económico do noso país e que coliden coa preservación da biodiversidade e dos usos económicos e sociais do territorio.
Debate electoral provincial
Daniel Castro convidou aos cabezas de lista dos principais partidos a manter un debate “e achegar á veciñanza as propostas que as distintas formacións defenderemos para a mellora da calidade de vida das veciñas e veciños”. Castro afirmou que “as veciñas e veciños de Lugo teñen dereito a saber para que lles estamos pedindo o voto para o 23X, coñecer medidas reais para as persoas que vivimos na provincia de Lugo e non só mensaxes centralistas enviadas desde Madrid”.
Castro explicou que no Congreso se defenden “asuntos clave para o futuro de todas as persoas”, e afirmou que “as e os lucenses deben escoitar as opinións das forzas políticas e que compromisos defenderemos no Congreso”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



