A subdelegada insistiu en que “a violencia machista só se pode eliminar dende o traballo en común, uníndonos para amplificar os mensaxes de rexeitamento aos agresores e de apoio ás vítimas”
Meira, 6 de xullo de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, insistiu hoxe en Meira que “a violencia machista só se pode eliminar dende o traballo en común, uníndonos entre administracións e sociedade, para amplificar os mensaxes de rexeitamento aos agresores e de apoio ás vítimas”. Isabel Rodríguez desprazouse este xoves ao Concello de Meira onde recala o proxecto MAVI: a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero”, unha iniciativa promovida pola Subdelegación do Goberno que achega libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista ás veciñas e veciños de todas as idades.
“MAVI é un proxecto máis necesario que nunca, pois, por desgraza, vemos a diario como algúns negan e esconden socialmente a realidade da violencia machista, con discursos que abrazan a desigualdade que sofren as mulleres”, advertiu Isabel Rodríguez quen pediu responsabilidade ás institucións “para seguir desenvolvendo políticas públicas destinadas a transformar a nosa sociedade nunha más igualitaria, xusta e segura para as mulleres”.
A subdelegada, xunto ao alcalde de Meira, Antonio de Dios, e a xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, explicou na biblioteca da Casa da Cultura que “con esta proposta queremos chegar ao maior número de persoas da provincia, mulleres, homes, nenos e nenas, porque a violencia machista nos interpele a todas e todos e non podemos permitir retroceder nin dar nin un paso atrás neste sentido”.
Tal e como explicou Rodríguez, o Concello de Meira súmase aos de Viveiro, Sarria, Vilalba e Quiroga, así como aos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso, que traballaron con textos que promoven a reflexión, a sensibilización e concienciación sobre temas determinantes para conseguir unha sociedade libre de violencias, favorecendo un pensamento crítico ante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades.
En total, son 3 maletas as que están a percorrer a provincia con este material que seguirá a súa viaxe en centros de información á muller, asociacións de mulleres vítimas de violencia de xénero e servizos sociais dos municipios que soliciten a maleta.
Durante o acto, Isabel Rodríguez agradeceu ao Concello de Meira a súa colaboración con esta iniciativa, que permanecerá tres meses no municipio, encamiñada á concienciación e sensibilización da cidadanía en igualdade “para que a sociedade no seu conxunto comprenda que a violencia machista debe ser erradicada das vilas e cidades”.
12 libros e un diario de viaxe
A maleta conta con doce libros coa idea de que todas as mulleres, independentemente da franxa de idade, poidan formar parte do proxecto. Así mesmo, a maleta contén un diario de viaxe para que as persoas participantes compartan as súas reflexións sobre as lecturas e experiencias neste tema.
Entre as obras que garda a maleta atópanse títulos como “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?”, de Raquel Díaz Reguera; “La cenicienta que no quería comer perdices”, de Nunila López e Myriam Cameros; “Todos deberíamos ser feministas”, de Chimamanda Ngozi; “Mi marido me pega lo normal”, de Miguel Lorente Acosta; “Cansadas”, de Nuria Varela; “El libro de la hija”, de Inma López Silva; ou “Rosalía Feminista”, de Helena González Fernández, entre outros títulos. Ademais, a maleta contén un diario de viaxe no que as persoas que participen no proxecto poderán escribir e compartir as súas reflexións sobre as lecturas.
Por outra banda, os Concellos polos que pasará a maleta poden engadir aqueles libros escritos ou protagonizados polas mulleres do municipio para visibilizar o talento e as historias das mulleres da provincia























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



