Luís Bará pide á Xunta que “cese” na campaña de acoso ao tribunal e advirte que se producirá unha “cascada” de novas denuncias ante as irregularidades que presentan os proxectos do modelo eólico do goberno galego
Santiago de Compostela, 17 de xullo, 2023. O portavoz de Medio ambiente do BNG, Luís Bará denuncia a “campaña de acoso” contra o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza polas sentenzas que anulan parques eólicos e afirmou que a campaña de acoso está “promovida pola Xunta” e dirixida dende San Caetano, concretamente dende “a Consellería de Industria e a participación da empresa Greenalia, a patronal eólica e a Confederación de empresarios”.
Este ataque, explicou o nacionalista, xa tivo resposta dende a sala de goberno do TSXG defendendo a independencia das decisións xudiciais e reclamando “respecto” ao que sumou o pronunciamento da Asociación de Xuízas e Xuíces para a democracia na mesma liña.
Bará explicou que a campaña, ademais de atacar as sentencias, vai máis alá mesmo con “ataques persoais ao maxistrado, Luís Villares” acusándoo de imparcialidade. O nacionalista lembrou que no ano 2022, Villares foi recusado pola empresa Greenalia, recusación desestimada polo TSXG. Neste sentido, recalcou que todas as sentencias que anulan os proxectos eólicos “foron aprobadas por unanimidade” da Sala do Contencioso Administrativo e Luís Villares “non foi o relator de ningunha delas”.
En opinión do deputado, a campaña de acoso ao TSXG responde á intención de “presionar” ao tribunal xerando ruído mediático para alertar sobre as consecuencias económicas que provocarán as sentenzas de anulación dos proxectos. Pero sobre todo, para desviar a atención sobre “as irregularidades cometidas pola Xunta”.
O modus operandi da Xunta favorecendo os intereses das grandes empresas foi, afirmou, o que verdadeiramente creou “inseguridade xurídica” e non as sentenzas do TSXG.
Cascada de sentenzas contra o modelo eólico da Xunta
Para a deputado, estamos ante “un vendaval xudicial” que pon ao goberno da Xunta contra as cordas cunha sucesión de sentenzas que comezou coa primeira da Serra do Iribio, por intentar dar por boa unha avaliación ambiental caducada e “en Rede Natura”, sentenza que ademais foi ratificada polo Tribunal Supremo. A segunda anulou o proxecto en Sasdónigas por fraccionar o proxecto, e agora estamos ante outras 3 sentenzas que afectan ao Parque do Roncudo en Corme, por reducir os prazos de información pública, de 30 a 15 días e sen informes sectoriais, cuestión en litixio porque a patronal defende que non son precisos. Ademais, os 3 grandes parques eólicos de Greenalia en Santa Comba, Carballo e Coristanco, Campelo, Bustelo e Toural, tamén foron anulados polo TSXG por unha fragmentación irregular. Concretamente no do Toural, explicou Bará, é ponente Luís Villares pero o Tribunal considera que o proxecto foi presentado como tres parques diferentes cando en realidade “é o mesmo dividido”.
Por outra banda tamén foi suspendido cautelarmente o da Lagoa II en Santa Comba e Zas.
O parlamentario asegurou que as sentenzas provocarán a parálise do sector eólico despois da paralización do concurso eólico do bipartito do ano 2008 anulado no ano 2010 coa chegada do PP á Xunta e que paralizou o sector durante 8 anos.
A inseguridade xurídica, dixo, Bará está provocada polos cambios “arbitrarios” da lexislación por parte da Xunta sobre impacto ambiental e a anulación dos proxectos traerán aparelladas consecuencias económicas pola solicitude de indemnizacións por parte das empresas de investimentos e lucro cesante. Nesta liña indicou que a Xunta xa pagou máis de 3,5 millóns de euros por proxectos anulados no concurso do 2008 e agora, empresas como Greenalia reclaman investimentos por valor de 5,7 millóns de euros no parque de Campelo.
O nacionalista exixiu que a Xunta “pare a campaña de acoso ao TSXG, rectifique a súa política eólica e cumpra coas máximas garantías legais e xurídicas nos novos proxectos para evitar que sexa o Tribunal Superior de Xustiza quen poña as cousas no seu sitio garantindo o cumprimento estrito da lei”, concluíu.



















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



