A cita, que se prolongará desde o venres 14 de xullo ata o luns 17, concentrará actividades para todos os públicos
Cervo, 8 de xullo, 2023. San Cibrao celebrará as Festas na Honra da Virxe do Carme a fin de semana do 14 de xullo.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por representantes das diferentes asociacións e colectivos do municipio que participan: Mar de San Ciprián, Mulleres de San Ciprián, Amigos da Maruxaina, A Rebolaxe e a Coral Terramar.
O programa arrinca o venres 14 de xullo, coa festa do Mexillón que organiza a asociación Amigos da Maruxaina. Será a partir das 20:00 horas na Praza dos Campos. A continuación, Disco Móbil Chocolate e Disco Móbil Conxuro, encargaranse de amenizar a Festa da Xuventude.
O sábado 15, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra La Dimensión, a partir das 14:00 horas. Á noitiña, ás 21:00 está prevista unha misa solemne na Igrexa Parroquial de Lieiro cantada pola coral Terramar; seguida da procesión do Carme ata o peirao, acompañada da agrupación musical Dambara-San Inocencio de Burela; unha cita tradicional que organiza a Asociación Mar de San Ciprián. A continuación, a orquestra La Dimensión e o Grupo Arizona serán os protagonistas da verbena.
Xa o domingo 16, haberá de novo misa solemne ás 13:00 horas no peirao cantada pola coral Terramar; á que seguirá unha ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos a cargo de Lidia Pernas.
A continuación, será a procesión da virxe do Carme ata a Igrexa de Lieiro acompañada polo grupo de gaitas A Rebolaxe, organizada pola asociación Mar de San Ciprián.
A sesión vermú este día será protagonizada polo Grupo Zona Zero; que repetirá na verbena co grupo América SL, desde as 23:00 horas.
O luns 17 rematarán os festexos co Día do Neno, a partir das 19:00 horas, na Praza dos Campos.
A decoración floral destas Festa do Carme correrá a cargo da asociación Mulleres de San Ciprián.
Aquelas persoas que desexen colaborar cos festexos, poden deixar as súas aportacións no Banco Santander, na conta rexistrada a nome da asociación Anxuela, ou na Casa da Cultura.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar das diferentes actividades programadas durante a próxima fin de semana e agradece ás diferentes asociacións e colectivos a súa implicación para levar adiante unha festa tan arraigada en San Cibrao, como vila mariñeira.























Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.



