“O proceso de negociación con ambos grupos resultou sorprendentemente desequilibrado”
Alfoz, 12 de xullo, 2023. Debido á gran cantidade de preguntas e dúbidas que nos están facendo chegar, engadidas á información sesgada que moita xente parece estar a recibir, dende VIA facémonos eco desta demanda de información e desexamos dar o noso punto de vista sobre as negociacións deste pasado proceso electoral, sempre tendo en conta as seguintes circunstancias.
A primeira consideración é que os resultados do 28-M deixaron 3 edís para cada grupo, polo cal houbo que mirar o número de votos para determinar a orde de representación. Non se pode ignorar que VIA resultou ser a segunda forza máis votada, do mesmo xeito que non se pode ignorar que o PSOE foi a primeira e o PP a terceira.
O segundo punto é a actitude de VIA de cara ás negociacións, que tratou de ser aberta desde o principio e decidiuse falar cos outros dous grupos en igualdade de condicións, é dicir, non se esixiu máis a unha parte que á outra en ninguna negociación.
Por último, establecéronse uns requisitos moi mínimos de cara ás negociacións, os cales foron obtidos en consenso interno polo partido e algún incluso xa antes do proceso electoral, sendo una parte fundamental das nosas promesas electorais.
Primeiramente, VIA só vai apoiar á súa candidata para a alcaldía, o cal foi unha das nosas promesas electorais. En segundo lugar, só vai haber unha dedicación, seguindo a traxectoria actual das dúas últimas lexislaturas, e que neste caso será para a alcaldesa por motivos laborais. Por último, independentemente do reparto de delegacións e firmas, deberase facer un reparto equitativo das asignacións dos presupostos e chegar a consenso para adxudicar obras e gastos, por ambas partes.
Plantexados estes requisitos por igual a ambos grupos nas primeiras reunións respectivamente, PSOE e PP, explicamos as respostas recibidas de cada un:
O PSOE aceptou as nosas condicións, aínda que presentou algún desacordo. Sen embargo, mostrouse flexible e colaborador na negociación e, froito diso, houbo varias reunións nas que se foron tratando diferentes puntos e avanzando progresivamente. Finalmente, conseguíuse ir achegando posicións ata acadar un acordo que se formalizou en pacto de goberno. Dende VIA percibimos unha actitude conciliadora que aumentou a medida que avanzaba a negociación, no que entendemos que foi un proceso positivo.
O PP non aceptou estas condicións xa dende a primeira reunión e mostrouse férreo á hora de presentarnos como única posibilidade un goberno de alternancia na alcaldía, a pesares de que deixamos cristalino que baixo ningún concepto incumpliríamos a nosa promesa electoral. Ademais, houbo varias comunicacións a través do WhatsApp, publicacións no Facebook e propostas feitas a alguna persoa concreta, pero sen querer convocar reunión ou sen tempo material para debatilas internamente. Estes movementos, ademáis de facer propostas sempre máis esixentes cas do PSOE, foron pouco respetuosos para o resto da nosa corporación, xa que nós propuxemos sempre reunións con varios membros de ambas partes, organizadas e con tempo para debatir internamente as propostas. En VIA cremos que esta forma de negociar se afasta totalmente do obxetivo de formar un goberno estable e de consenso, mostrando interese únicamente no reparto de postos e dedicacións.
Todos estes feitos paralelos, decantaron doadamente no actual pacto co PSOE, que se formalizou coas seguintes atribucións:
Efigenia Maseda Paz (VIA). Alcaldía. Concellería de Réxime Interior, Servicios Sociais e Turismo.
Jorge Val Díaz (PSOE). 1º Teniente de Alcalde. Delegación da Concellería de Servizos e Infraestructuras (abastecemento de augas, saneamento, alumeado, vías públicas, e mantemento de infraestructuras vinculadas coas anteriores).
Eliseo Lorenzo García (VIA). 2º Teniente de Alcalde. Delegación da Concellería de Educación, Igualdade e Participación (Educación, Igualdade, Xuventude, Deportes, Festas e Asociacións).
Ana Aránzazu Incera Ares (PSOE). 3º Teniente de Alcalde. Delegación da Cultura.
Judit Casabella Pardeiro (VIA). Delegación da Concellería de Desenvolvemento Local (promoción económica, comercio, Medio rural, Agricultura, gandería e Sector forestal).
Cándido Paleo Rejes (PSOE). Delegación da Concellería de Medio Ambiente (Medio Ambiente e xestión de residuos).
O decreto no que se establecen estas atribucións, xa en vigor dende o día 30 de xuño, presentarase ao Pleno de Constitución que se vai celebrar este xoves 13 de xullo ás 14:00 horas. Nesta sesión tamén se vai levar a proposta de cambiar os horarios para os vindeiros plenos e que en diante pasen a celebrarse ás 19:00 horas, coa finalidade de facilitar a asistencia do público que así o desexe.





















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



