A iniciativa fomentará empoderamento persoal, facilitará o coñecemento do mundo empresarial e do emprendemento, e ofrecerá técnicas para desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes
Lugo, 29 de agosto de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, Jose Tomé Roca, e a presidenta da Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), Anjhara Gómez Rodríguez, asinaron este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos un novo acordo entre ambas entidades para impulsar o emprego feminino no rural da provincia. A institución provincial achega así preto de 40.000€ para a posta en marcha do programa Aulas Abertas, mentres que AELU aporta máis de 2.000€.
Esta iniciativa nace co obxectivo de formar e crear networking a través de obradoiros nos que se amosará de maneira gratuíta ás participantes as posibilidades de diversificar as súas actividades profesionais. Deste xeito, foméntase o empoderamento persoal, facilítase o coñecemento do mundo empresarial e do emprendemento e ofrécense técnicas para desenvolver as capacidades e potencialidades das participantes.
José Tomé destacou a importancia deste acordo, que busca seguir “fortalecendo e diversificando o tecido produtivo da provincia a través do apoio a proxectos empresariais e emprendedores liderados por mulleres, o que favorece a xeración de riqueza e emprego, e, polo tanto, fixar poboación”.
Aulas Abertas conta con tres áreas educativas principais: a transformación de produtos agrogandeiros, o aproveitamento de recursos e a creación dunha imaxe nas redes, que suman 150 horas. Ademais, compleméntase con conversas con emprendedoras. Esta formación estará impartida por un técnico de emprendemento e un técnico en informática.
Aulas Abertas comezará no outono e AELU estima que serán arredor dun cento as mulleres beneficiarias desta iniciativa.


















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



