Cervo, 9 de agosto de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe nunha acción de voluntariado organizada polo Club Limosa Surf para limpar a ría de San Cibrao. Nesta actuación colaboraron persoas comprometidas co medio natural que retiraron distintos tipos de refugallos como envases de plástico, latas e restos de vidro. Fixérono na zona comprendida entre os Estaleiros Fra e a ponte medieval do Bao.
Este tipo de accións realizadas por voluntarios coinciden nos seus obxectivos coas que fai o sector da pesca e o marisqueo co respaldo do Plan Marlimpo da Xunta de Galicia, que entre os anos 2020 e 2022 permitiron a retirada de 235 toneladas de residuos mariños. No marco de 23 proxectos que recibiron axudas por un importe total de máis de 1,2 M €, realizáronse 198 limpezas activas nas que participaron 680 profesionais do marisqueo e dez embarcacións. Os plásticos e vidro/cerámica representaron máis da metade do lixo recollido.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



