A Vicepresidencia da Deputación de Lugo conta cunha caseta propia na feira, onde poden mercarse as publicacións editadas pola área de Cultura
Foz, 17 de agosto de 2023. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa Feira do Libro de Foz, que se celebra do 17 ao 20 de agosto na Praza Conde Fontao con oito postos de librarías e editoriais – entre eles o do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo-, e un amplo programa de presentacións, contacontos, sinaturas de libros e espectáculos infantís.
O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou esta tarde na inauguración na que explicou que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaboramos un ano máis coa Federación de Librarías de Galicia na organización desta feira, que dinamizan as vendas das librarías e crean un ambiente propicio para o achegamento á lectura por parte de todos os públicos, con sinaturas de libros e diferentes actividades que dan visibilidade ás obras e as súas autoras e autores”.
No acto, coa lectura do pregón a cargo do escritor de Alfoz Lionel Rexes, o responsábel provincial convidou a “visitar os postos da feira e pararse tamén no do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo para coñecer a actividade da editorial institucional, centrada fundamentalmente na divulgación do patrimonio, da cultura e da historia das distintas comarcas” e lembrou algúns dos títulos editados nos últimos anos en relación coa comarca como “Navegando a bordo do San Lourenzo”, do focense Antón Niñe, “Viveiro 1810. Augas Mortais”, de Primitivo Marcos ou “Historias máxicas pola Mariña Encantada”, de Antonio Reigosa.
Os libros editados polo Servizo de Publicaciòns poden ollarse na caseta institucional e mercarse nos postos das librarías que participan na feira: Libraría Aguirre, A Gata Tola, Libraría Pedreira, Libraría Bahía, Libraría Aenea, A libraría de Rosa e Nobel Boiro.
Ademais da presenza na Feira, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organización das feiras cunha achega de 3.000 euros á Federación Galega de Librarías e co financiamento de actividades para público infantil na propia feira. Neste caso, o espectáculo “A Ramona pequena vai á lúa” de Pakolas (Galaxia), o 20 de agosto ás 19.00 horas.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



