As axudas estatais oscilan entre os 100.000 e 1M€. As solicitudes poden presentarse na sede electrónica e no Portal de Axudas do Ministerio
Lugo, 7 de agosto de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe ás entidades, asociacións e empresas lucenses a presentarse á convocatoria “Experiencias Turismo España” do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, que mobiliza 20 millóns de euros do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno. O programa ten como obxectivo impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España e así atraer un turismo de calidade. O prazo de solicitude está aberto ata o 20 de setembro.
Isabel Rodríguez destacou que “esta nova liña de axudas ofrece a oportunidade ás empresas e entidades de aumentar e mellorar as experiencias turísticas da provincia, poñendo en valor o patrimonio material e inmaterial do territorio, e situando ao viaxeiro como protagonista do destino”.
Deste xeito, lembrou que o Goberno xa concedeu na anterior convocatoria axudas para dous proxectos en Lugo. Concretamente, 109.000 euros ao AGDR Ribeira Sacra-Courel para impulsar a Rede de cruceiros de destinos náuticos sostibles; e outros 41.000 euros á Fundación Expomar, de Burela, para a creación da Rede de Turismo Mariñeiro.
A subdelegada na provincia informou que as axudas estatais oscilarán entre os 100.000 euros e 1 millón de euros como máximo. As solicitudes presentaranse ante a sede electrónica do Ministerio e no Portal de Axudas do Ministerio, así como na seguinte ligazón Sede electrónica del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo – Procedimientos y servicios (serviciosmin.gob.es)
“É o momento de avanzar cara un modelo turístico de calidade e intelixente, centrado na responsabilidade, sustentabilidade e accesibilidade e aí a provincia de Lugo ten moito que dicir”, afirmou Isabel Rodríguez.
Liñas de actuación
Os proxectos que se presenten á convocatoria deberán enmarcarse nunha das tres liñas das seguintes:
-Innova: Ten como obxectivos impulsar e fortalecer as redes de actores e crear narrativas sobre experiencias inspiradoras que construían relatos a nivel país; mellorar recurso; impulsar a mellora da sustentabilidade e profundar na transformación dixital dos proceso das Experiencias Turismo España.
-Integra: Pretende impulsar que a experiencia turística incorpore no seu deseño, de maneira normalizada e adaptada ás distintas realidades, o contexto produtivo local preto aos destinos a través das dinámicas de economía circular, as comunidades locais e a diversidade de perfís e segmentos no deseño de experiencias.
-Comunica: Busca mellorar a comunicación das Experiencias Turismo España e convertelas nun dos pilares da promoción exterior do noso país. Os ámbitos relacionados coa seguridade e a resiliencia terán especial atención.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


