Ribadeo, 26 de agosto de 2023. O 3 de setembro terá lugar o Día da Bicicleta en Ribadeo. O evento foi presentado no Concello.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de volver recuperar este evento deportivo tras a pandemia da covid, debido á paixón que hai pola bicicleta en Ribadeo. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia que promova de novo a celebración deste día no que agardamos reunir a unhas 200 ou 300 persoas”.
O edil contou que “nos concentraremos o 3 de setembro ás 10:30 horas diante do Concello, desde onde sairemos ás 11 da mañá. Os participantes percorrerán as rúas do casco urbano ata o Faro para retornar despois ao punto de partida. Aquí a carón do Pazo de Ibáñez realizaremos un sorteo de agasallos, entre os que contaremos cunha bicicleta. Animamos ás familias a acudir a esta cita na que estou convencido de que o imos pasar moi ben”.
Silvent tivo palabras de agradecemento “para os patrocinadores e para todas as empresas de Ribadeo que colaboran con esta nova edición do Día da Bicicleta”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Dani Vega, as concelleiras de Cultura e Benestar Social, Begoña Sanjurjo e Elena Sierra, o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, xunto a representantes das firmas colaboradoras e de La Voz de Galicia como Luis García e José Alonso.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



