A rexedora explicou que o proxecto inicial se incrementou en 84.000 euros ao detectarse algunhas necesidades no transcurso das obras “que puidemos afrontar con solvencia grazas a que temos as contas públicas completamente saneadas”
Cervo, 31 de agosto de 2023. O Concello de Cervo ultima as obras das que serán as únicas pistas homologadas de atletismo da Mariña e que estarán situadas no Complexo Deportivo da Veiga, en San Cibrao.
A rexedora, Dolores García Caramés, expresou unha vez máis “a satisfacción enorme” de ver como o noso municipio se vai converter no epicentro do atletismo da Mariña “grazas á optimización dos recursos deportivos existentes”.
A alcaldesa explicou, neste sentido, que se veñen de sumar algo máis de 80.000 euros do remanente de tesourería -83.359,04 euros concretamente- ao proxecto de renovación destas instalacións que se están a executar grazas a un convenio de colaboración subscrito entre a administración local e a Xunta de Galicia, a través da secretaría xeral para o Deporte.
Caramés puntualizou que “grazas á xestión rigorosa das arcas municipais e a que temos as contas completamente saneadas” podemos afrontar con solvencia imprevistos que se poden dar con certa frecuencia en obras de envergadura como esta cuxo orzamento inicial estaba cifrado en 560.000 euros.
A rexedora afondou nos pormenores do proxecto que consiste “na renovación da pavimentación da pista con material sintético homologado de última xeración, na mellora da rede de saneamento evacuación de augas e na adecuación da infraestrutura para as probas de salto de pértega, carreiras de obstáculos, salto de altura, salto de lonxitude, triplo salto e lanzamento de peso”.
O máis importante é que imos ter as primeiras pistas homologadas de atletismo da Mariña –afondou a rexedora-, “imos ser un referente deportivo en toda a comarca e para nós iso é moi positivo”, sentenciou.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.


