O Grupo Municipal Popular advirte do mal olor que desprenden os colectores do lixo, das queixas dos usuarios da piscina por varios elementos rotos ou oxidados e do risco de incendio que supón ter as pistas sen rozar en agosto
Lourenzá, 10 de agosto de 2023. O PP de Lourenzá faise eco das queixas dos veciños e veciñas sobre “o deixamento e o abandono do estado xeral do concello por parte do goberno do PSOE”. Os populares lamentan que “o goberno local non se moleste o máis mínimo en atender a xestións básicas da súa competencia como pode ser o acondicionamento e mantemento das instalacións de titularidade do Concello”.
Agora no verán esta situación apréciase, especialmente, na falta de limpeza das rúas e colectores do lixo, nos elementos en mal estado das instalacións da piscina municipal ou nas pistas que están aínda sen rozar, a pesar de que xa estamos a mediados de agosto.
Os populares lamentan “a imaxe de descoido total” que proxecta o municipio poñendo como exemplo o mal olor que desprenden os colectores do lixo porque “non se limpan”, igual que as rúas e beirarrúas que, en moitos casos, acumulan sucidade e maleza que constitúen “un perigo para as persoas que pasan por elas”.
Igualmente, explican que “foron xa varios os usuarios e usuarias da piscina que nos trasladaron as súas queixas polo mal estado das instalacións e dos seus vestiarios con elementos rotos ou oxidados”. Dende o Grupo Municipal Popular consideran que “o lóxico antes de poñer en marcha calquera instalación municipal é comprobar o seu estado e facer as reparacións que sexan precisas para garantir a seguridade das persoas que as vaian utilizar” e fan fincapé en que, no caso da piscina municipal, “hai que ter en conta que a maioría dos seus usuarios son nenos e nenas”.
ROZAR AS PISTAS, IMPRESCINDIBLE PARA EVITAR INCENDIOS
Os populares advirten tamén da necesidade de rozar as pistas municipais como medida de prevención ante posibles incendios. “As pistas que comunican con zonas forestais atópanse neste momento, a mediados de agosto, sen limpar acumulando maleza que dificulta e, incluso, impide circular aos vehículos por elas”. “Gustaríanos que as pistas e os camiños estivesen limpos de vexetación, pero non é así, e agora non se pode realizar para evitar incendios forestais. A realidade é que o concello tiña un plan de roza de pistas e camiños que non se cumpriu”, denuncian.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



