A xogadora que deu o gol da Copa da Raíña a tempada pasada seguirá no Pescados Rubén Burela FS en 2023-2024
Burela, 6 de agosto, 2023. Patricia Ortega Medina, Patricia, a pivote de Yecla continuará esta próxima tempada no conxunto formado por Julio Delgado, despois de ver a súa boísima evolución durante a tempada pasada, achegando en momentos clave e mostrando cada vez máis enerxía e potencia de tiro. Será a súa segunda tempada no equipo laranxa, Patricia comeza xogando ao fútbol campo, pero descobre o fútbol sala da man do seu pai e comeza en 2010 a xogar no SD Hispania, no que continuará ata 2018 que ficha polo UCAM O Pozo Murcia por dúas tempadas. Na 2020-2021 xoga no Desguaces París La Algaida e na 2021-2022 no STV Roldán, do que procede. Esta pasada tempada demostrou unha gran evolución e espérase que así continúe sendo esta tempada vindeira. Moi contentos coa súa renovación a doce Patricia continuará vestindo de laranxa e metendo golazos para o equipo mariñán.
O presidente do club, Manuel Blanco está moi alegre de continuar contando coa xogadora murciana, “Xoven xogadora que se adaptou rápidamente ao equipo e que ten que seguir crecendo. É unha xogadora moi importante para nós, sabemos a calidade que ten e ten que seguir loitando e crecendo co equipo. Aporta moito ao equipo, sobre todo ofensivamente, unha pivote de gran calidade que aínda ten carreira por diante para mellorar moito e sorprender aínda máis”.
Patricia séntese moi a gusto no equipo, “claro que estou contenta por renovar, creo que é un club no calquera xogadora profesional quere estar”. Sobre a tempada pasada, “Creo que a tempada pasada, foi incrible no deportivo, gañando todos os títulos posible mesmo cunha plantilla curta, pero difícil no persoal, era un cambio grande e creo que tiven momentos de todo tipo”. Os seus obxectivos persoais e para o equipo para esta próxima tempada, “obxectivo persoais creo que cada ano expóñome os mesmo, traballar duro cada día para ser mellor, e poder dar ao club todo o que queren do meu. Seguir traballando, loitando e gozando para ser mellor xogadora. A nivel de equipo, é estar aí arriba, loitando por todos os títulos posible, xogando ben, en equipo, e facendo desfrutar á xente que lle gusta este deporte”. Deixa unha mensaxe á afección laranxa, “A afección de burela é un plus para todo. Fanche sentir sempre na casa, convértense na sexta xogadora cando máis o necesitamos e están aí días tras día levándonos polo aire. Para quen non puidese vivir o ambiente que se crea en Vista Alegre, convídoos a que vaian e ver a unidade que se crea”

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


