Mondoñedo, 4 de agosto, 2023. O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou esta tarde, xunto a Asociación de Amigos das San Lucas e representantes do Concello de Mondoñedo, na presentación do cartel da 867 edición das San Lucas, obra de Xosé Vizoso.
A descuberta do deseño fíxose na Fonte Vella, que viu medrar e adquirir a súa personalidade artística a Xosé Vizoso, que naceu nunha casa a escasos metros deste lugar emblemático de Mondoñedo.
Daniel García sinalou que “contar con un cartel de Xosé Vizoso é a mellor carta de presentación posible para unha festa tradicional e icónica como as San Lucas e fala, sobre todo, da xenerosidade do artista que coa súa creatividade ven contribuíndo a dar relevancia e continuidade dunha tradición secular”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organizacion das San Lucas, que se celebrarán do 17 ao 22 de outubro, cunha achega de 20.000 euros.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



