A Mariña, 2 de agosto de 2023. Un paciente denuncia que desde o Hospital da Mariña están a atrasarlle a consulta de neuroloxía para control dun tratamento e evolución dunha patoloxía en contra dos criterios do neurólogo. O paciente é visto en marzo de 2023 polo servizo de neuroloxía , pois fíxose un diagnóstico sintomático de enfermidade de Parkinson. Nesta consulta páutaselle un tratamento que posteriormente, o día 31 de maio de 2023 é modificado. O neurólogo indica una nova revisión en dous meses para para valorar a efectividade do tratamento e a evolución da súa patoloxía, concretándoselle una nova consulta para o día 14 de xullo de 2023. Desde o hospital da Mariña o paciente recibe una chamada o día 10 de xullo para atrasarlle dita consulta ata o 15 de novembro, atrasándose a consulta deste xeito catro meses respecto á prescripción facultativa.
EFECTUADA E REXISTRADA UNHA RECLAMACIÓN QUE NON FOI SOLUCIONADA
O paciente contacta coa Plataforma Sanitaria da Mariña , que redacta e rexistra a correspondente reclamación o día 11 de xullo de 2023, con numero de entrada no rexistro 3112. A día de hoxe o paciente non tivo comunicación alguna por parte da dirección do centro nin solución ao problema que plantexa, actuando de xeito ineficaz e inefectivo diante das demandas xustas dos pacientes por mor de esperas que sobrepasan con creces o límite máximo establecido por lei, que contradicen o criterio facultativo impedindo a correcta vixiancia dos procesos patolóxicos, así como da avaliación correcta dos tratamentos coas conseguintes consecuencias para as persoas enfermas. Esiximos que se “resolva de inmediato este problema e que se instaure dunha vez por todas a normalidade nas esperas e citacións”- conclúen desde a plataforma sanitaria.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.