Ana Ermida reclama apoio para a instalación dunha carpa como as que a Xunta de Galicia sufraga habitualmente para eventos na contorna
Barreiros, 27 de setembro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida vén de dirixir un escrito ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, para solicitarlle a colaboración da Administración que representa nun evento de interese que se celebrará en Barreiros na ponte do vindeiro 12 de outubro, mediante a instalación dunha carpa na Praza do Concello.
A alcaldesa explica que “desde o Concello de Barreiros temos previsto levar a cabo varias xornadas con eventos diversos dirixido ao público en xeral, que se desenvolverán na Praza do Concello, para o que se precisará da instalación dunha carpa que albergue a infraestrutura necesaria para tal fin”.
“Tendo coñecemento de que outros Concellos veciños contan cun mecanismo de colaboración da Xunta de Galicia para sufragar este tipo de infraestruturas, tanto para uso propio como de terceiras entidades, gustaríanos contar con esa mesma colaboración para este evento municipal”, continúa.
A rexedora barreirense manifesta no seu escrito que tamén “temos interese en coñecer o procedemento que debemos seguir ao efecto, tanto para necesidades municipais como de outras entidades que, neste momento obteñen axuda da Xunta de Galicia por mediación de Concellos veciños, entendendo a oportunidade de que poidamos atender dita tramitación desde o propio Concello e non saturar outras entidades locais con actos que non lle son propios e/ou de interese.”
Ana Ermida conclúe amosando a total disposición para realizar as xestións que se indiquen para que o Concello de Barreiros poida ser beneficiario das axudas para a instalación de carpas en eventos que a Xunta de Galicia presta.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



