A institución provincial aportou o 95% do investimento necesario para acometer o proxecto de recuperación deste espazo natural de lecer, impulsado pola Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na inauguración da área recreativa da Fonte da Casanova, en Riotorto, renovada grazas á axuda que a Deputación de Lugo concedeu á Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea. A institución provincial achegou máis de 4.000€, o 95% dos fondos necesarios para acometer esta actuación, a través do Programa para a Dotación e mellora de Servizos Comunitarios do 2021.
Entre as actuacións realizadas neste espazo natural de lecer está a creación dun pequeno canal dende a fonte para permitir o paso de persoas neste treito, a adecuación e mellora da accesibilidade, sendo necesaria a eliminación de irregularidades na terra para facilitar o tránsito, e a recuperación do Camiño da Igrexa, que dá acceso ao templo relixioso. Tamén se rehabilitou a ponte da Fonte de Casanova, instalando novos pasos de madeira e unha baranda que aumenta a seguridade dos usuarios.
Rivera Capón destacou a importancia de renovar este espazo “para potenciar o rural e fomentar o turismo sostible, de proximidade, que busca vivir novas experiencias e pon en valor o patrimonio”, e destacou que este modelo, polo que aposta a Deputación de Lugo, xera riqueza a través do aproveitamento dos recursos.
Acompañado da veciñanza e representantes da entidade riotortense reafirmou tamén o compromiso provincial para “achegar máis e mellores servizos aos veciños e veciñas dos 67 concellos da provincia. Un obxectivo para acadar unha mellor calidade de vida, dinamizar a economía e contribuír así a fixar poboación”.
No acto tamén estiveron presentes a presidenta da agrupación, Colombina Sobrado, e a voceira, Hilda Murado, que trasladaron ao Deputado o seu agradecemento por apostar polo rural dende o ente provincial.
1,6M€ en Riotorto
A Deputación de Lugo leva investido en Riotorto máis de 1,6M€ dende o 2019 ata a actualidade. O investimento foi destinado principalmente para a mellora de vías municipais, a contratación de persoal municipal e o servizo de axuda a domicilio. Outra parte importante dos fondos provinciais foron para a renovación do firme das estrada provincial que vai de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña e Muiñonovo, e a que comunica Augaxosa e Trabada, cun orzamento de 660.000€.
Entre as actuacións levadas a cabo estes anos, tamén se investiu en actividades que permitiron á veciñanza beneficiarse de diferentes actividades e melloras como viaxes ou o acondicionamento do almacén no local social da Asociación de Veciños de Augaxosa.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



