Ribadeo, 14 de setembro de 2023. Acisa colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a novena edición o vindeiro sábado, 16 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial ribadense.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “este sábado, 16 de setembro, celébrase a IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todos os corredores e corredoras que completen o percorrido recibirán unha medalla conmemorativa xentileza de Acisa Ribadeo, que colabora deste xeito con esta proba. Como novidade, algúns negocios asociados a Acisa tamén quixeron aportar unha pequena colaboración, en forma de regalos para sortear entre os participantes”.
Desde Acisa amósanse satisfeitos de poder colaborar un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. O xerente, Jesús Perez, dixo: “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira” e destacou que “este evento vai mover a mais de 700 corredores e corredoras, que xunto a acompañantes e familiares suporá que se acheguen á nosa vila preto de dúas mil persoas durante a fin de semana. Moitos deles xa chegarán o venres e outros quedarán ata o domingo, polo que poderán gozar da nosa hostalería e do noso comercio, algo que para nos ten moita importancia neste tramo final do verán”.
Pérez Prada engadiu: “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica do noso pobo. Trátase dun revulsivo para o turismo, onde estes potenciais 2.000 visitantes dunha fin de semana, pódense converter en 2.000 embaixadores de Ribadeo que lles conten a amigos e familiares, o destino ideal que é Ribadeo para pasar uns dias de descanso ou de vacacións”.
Cruzado Iglesias subliñou que “como diciamos anteriormente como novidade este ano, dende Acisa demos a oportunidade aos asociados e asociadas que o desexaron de poder colaborar con este importante evento, doando o que na súa man estivese para poder sortear estes regalos entre os participantes. Por elo, quixera expresamente agradecer a o Hotel Mi Norte, pola súa doazón dun bono de noite mais almorzo no seu establecemento; ao Bar Queimada por unha comida para dúas persoas, ao Rincón del Gordo por unha cea para dúas persoas, ao Hotel Restaurante Javier – Montero polos seus descontos do 30 % para quen se aloxe no establecemento, a Farmacia Monte Iglesias polos seus lotes de parafarmacia para a saúde dos corredores, a Miss-tic polo regalo de 10 fulares e a R23 polo regalo de 1 vale dun 40% de desconto”.
Hoxe tivo lugar o sorteo de tres deses premios: “concretamente a estancia doada por Hotel Mi Norte, a cea doada por El Rincón del Gordo e a comida doada por Bar Queimada. Estes premios foron sorteados entre o total dos dorsais participantes na Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que son concretamente 729; e recaeron no dorsal 724, Manuel Villasuso Rodriguez, gañador da estancia para dúas persoas en Hotel Mi Norte; no dorsal 137, pertencente a Iria Aldao Prada, á que lle tocou a cea para dúas persoas en El Rincón del Gordo; e co dorsal 614 Marco Antonio Ortega Urueña gañador da comida doada polo Bar Queimada”, sinalou Jesús Pérez.
Na presentación das medallas conmemorativas da IX Media Maratón Ribadeo-As Catedrais participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).


