Foz, 16 de setembro, 2023. O xoves día 21 de setembro ás 20:30h a libraría Bahía acolle un encontro coa escritora vasca Edurne Portela e o autor galego Xosé Monteagudo.
Este encontro enmárcase no programa Afinidades Electivas, promovido e financiado polo Ministerio de Cultura.
Edurne Portela doctorouse en nos EUA donde exerceu tamén como docente e investigadora. Vive en España dende o ano 2016 donde publica e tamén colabora en prensa e radio. A súa obra, de grande calidade literaria e ao mesmo tempo capaz de chegar ao gran público, constitúe unha indagación nas distintas formas de violencia, os relatos que construímos sobre a mesma e as feridas que deixan no plano individual e social.
Publicou o ensaio El eco de los disparos sobre ETA e a violencia no País Vasco que vai pola terceira edición e as novelas Mejor la ausencia, Los ojos cerrados e Formas de estar lejos que recibiron varios premios literarios. A última que saleu á luz este mesmo ano é, Maddie y las fronteras.
Xosé Monteagudo comezou a publicar no ano 2002 no que gañou o premio García Barros coa novela As voces da noticia. Dende entón a súa escrita percorreu distintas temáticas, desde a que está máis preto do xénero negro como Un tipo listo, ata a que rescata a memoria persoal ESTA HISTORIA ou a historia colectiva que aparece en Todo canto fomos e una súa última novela Vémonos mañá. Ademáis imparte obradoiros de escrita e exerce a crítica literaria na revista Grial.
Trátase por tanto dun encontro entre dúas persoas de máximo nivel no mundo da literatura que nos enorgullece poder organizar e que esperamos teña moi boa acollida de público.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



