O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, participou este sábado na entrega de premios da novena edición da Ruta dos Lobos da localidade. A cita, que foi un éxito un ano máis, afiánzase coa participación de 350 amantes do ciclismo de montaña chegados de toda Galicia e de comunidades como Asturias, Castela e León, País Vasco e Madrid. Os deportistas puideron elixir entre dous percorridos, un longo, de 47 quilómetros, cun desnivel de máis de 1.700 metros positivos, e un curto de 26 quilómetros e un desnivel de 800 metros positivos. A institución provincial colabora coa Ruta dos Lobos a través do Servizo de Audiovisuais, coa difusión do evento e a elaboración dun vídeo promocional.
Éxito da IX Ruta dos Lobos da Fonsagrada, que se afianza con 350 ciclistas co respaldo da Deputación
Éxito da IX Ruta dos Lobos da Fonsagrada, que se afianza con 350 ciclistas co respaldo da Deputación
Relacionado
-
Susto en Celeiro por unha pota esquecida no lume
-
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, recibiu este mércores ao presidente da Asociación de Camioneiros do Ortegal, José Fernández
-
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, recibiu este mércores ao presidente da Asociación de Camioneiros do Ortegal, José Fernández