Ribadeo, 15 de setembro de 2023. O grupo municipal do BNG subliña que todos os investimentos anunciados o xoves polo alcalde de Ribadeo foron xestionados, conseguidos, comprometidos e aprobados polo anterior goberno local.
O voceiro nacionalista no Concello ribadense, Pablo Vizoso, aclara que “todos os investimentos que agora anuncia o Sr. Vega foron xestionados, conseguidos, comprometidos e aprobados polo anterior goberno do BNG. Todos, todiños, sen excepción. Fala das obras nas rúas Manuela Barreiro Pico e Pipelo, cuxos convenios asinou o goberno do BNG coa Deputación de Lugo. Máis do mesmo cando se refire ao arranxo do Forte San Damián ao igual que outras obras que xa foron entregadas ou están executándose nestes momentos como as da rúa da Casa do Pobo ou Luz Pozo Garza e Virxe do Camiño”.
Para Vizoso Galdo “do que se debe de ocupar o Sr. Alcalde é de executar todos eses proxectos tal e como estaban previstos e tal e como foron aprobados. E se pode melloralos, perfecto”.
O voceiro do BNG no Concello sinalou que “o PP non pode presumir de nada no tocante á realización destas obras ás que aludía o Sr.Vega. O que está a facer é vivir da herdanza recibida do anterior goberno municipal, que deixou encarrilados moitos proxectos por importe de moitos miles de euros. Dicir outra cousa é faltar á verdade”.
Para os nacionalistas “faise estraño que o mesmo alcalde que non para de criticar ao anterior goberno, faga agora seus unha serie de investimentos que casualmente foron xestionados, comprometidos e aprobados no anterior mandato. A qué se debe isto: a que están faltos de ideas? A que non saben xestionar?, A vagancia ou un pouco de todo?”.
Pablo Vizoso dixo que “chama tamén a atención que faga declaracións grandilocuentes e que diga que o PAC vai estar situado na zona do Xardín, cando iso quedou así establecido aló por maio do 2022 coa sinatura do protocolo de colaboración entre o Concello e a Xunta e polo que o Concello cedería a parcela escollida pola Xunta de entre tódalas opcións propostas”.
O voceiro do BNG lembrou que “foi a finais de abril deste ano cando o DOG publicou a modificación do Plan Xeral trala aprobación necesaria da Xunta de Galicia. A partir desa aprobación abriuse o prazo legal de exposición pública de 2 meses que este tipo de procesos requiren. Todos estes trámites foron realizados polo anterior goberno do BNG ademais de consignar nos orzamentos do 2023 os recursos necesarios para adquirir as parcelas. Así que o que ten que facer o alcalde, o Sr. Vega, é avanzar nestes trámites da adquisición dos terreos para que se poida iniciar a obra canto antes. Parece que o Sr. Vega aínda non é coñecedor de todo isto, pero xa lle vai sendo hora”.
E engadiu: “todo o resto son ganas de laretar”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



