Un encontro que comezou cunha misa na igrexa parroquial, seguida da actuación dun grupo musical na Praza do Concello. Logo celebrouse a tradicional comida no pavillón municipal, na que participaron máis de 340 veciños e veciñas, e pola tarde haberá baile e un recoñecemento ao home e á muller de maior idade con entrega de agasallos.
![O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na XVIII Festa das Persoas Maiores de Xermade](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2023/09/080923-Festa-dos-Mairoes-de-Xermade2-1024x683.jpeg)