O voceiro popular en Foz denuncia que o equipo de goberno parece máis preocupado en defender á empresa concesionaria do servizo que en dar explicacións á veciñanza e aos grupos da oposición
Foz, 4 de setembro de 2023. O Partido Popular de Foz non vai a descansar ata que os veciños do municipio coñezan os motivos reais dos numerosos problemas que levan sufrindo todo o verán co abastecemento da auga potable e que afectaron de xeito notable a comerciantes, hostaleiros e autónomos, ademais de danar a imaxe do municipio nos meses de maior afluencia de turistas.
O voceiro popular, Javier Castiñeira, explica que dende o PP se solicitará a convocatoria dun pleno extraordinario para acadar a creación dunha comisión de investigación “tras varias semanas sen poder consumir auga da traída, sobre todo en agosto, o mes máis importante a nivel turístico para o municipio”.
Nas últimas semanas, o alto contigo de halometanos (por enriba dos 100 mg/L permitidos) provocou que se decretasen por parte do alcalde restricións no consumo de auga algo que afectou seriamente a vida diaria dos veciños de Foz, ademais de ocasionar serios problemas a comerciantes, hostaleiros e autónomos. “Xa pedimos a creación desta comisión de investigación nos primeiros días desta crise, nas vésperas das festas de San Lourenzo, pero o equipo de goberno nada fixo”, lamentou.
Javier Castiñeira afirma que “non se pode entender a total falta de transparencia do equipo de goberno, que parece máis preocupado en defender á empresa concesionaria do servizo que en dar explicacións á veciñanza e aos grupos da oposición”, ao que engade que “é fundamental que se avalíen cales son as circunstancias que provocaron esta situación, cales son as solucións e sobre todo saber todos os danos ocasionados e facilitar que os veciños poidan reclamar os danos producidos”.
INFRAESTRUTURAS RENOVADAS
Javier Castiñeira recorda que Foz é un dos municipios con mellores infraestruturas na captación (realízase do río Ouro, que normalmente presenta un caudal suficiente) e hai poucos anos que o municipio recibiu unha axuda da Xunta de Galicia para construír os depósitos da auga.
Con esta situación “as restricións non poden manterse no tempo sen buscar solucións axeitadas xa que se están a provocar graves danos aos veciños, habendo moitos que que teñen serias dúbidas sobre se a concentración de halometanos puido causar danos na súa saúde”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



