Os colectivos iniciarán o seu itinerario dende algunha das dependencias da Deputación, como o Pazo de San Marcos ou o Mazo de Santa Comba, para logo descubrir os principais recursos turísticos dos concellos de Barreiros, Ribadeo, Samos, Sarria, Cervantes, Navia de Suarna e O Saviñao
Lugo, 19 de setembro de 2023ñ. Oito colectivos da provincia de Lugo participan esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación para percorrer e descubrir diferentes recursos turísticos do territorio lucense. Unha iniciativa grazas á que se achegan entre hoxe e o venres 160 persoas ata Barreiros, Ribadeo, Samos, Sarria, Cervantes, Navia de Suarna e O Saviñao, segundo a ruta que cadaquén escollera.
Os primeiros en facer a visita este martes son os integrantes da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, de Lugo, que arrancan percorrido na Granxa Gayoso Castro, e, posteriormente, achegaranse aos concellos de Barreiros e Ribadeo, onde pasearán a pé polo paseo marítimo barreirense, visitarán a praia das Catedrais e o núcleo de Rinlo, e rematarán viaxe no casco histórico ribadense. Tamén hoxe os membros da asociación de veciños San Pastor, de Barreiros, coñecen o traballo da produtora do Servizo Audiovisuais da Deputación e logo desprazaranse ata Cervantes e Navia de Suarna, onde se deterán na aldea de Piornedo, na Pobra e nunha fábrica de embutidos.
Mañá mércores será a quenda da asociación veciñal de Rivas Pequenas, de Bóveda, que visitará a Granxa Gayoso Castro para coñecer o traballo que se realiza nestas instalacións provinciais, e posteriormente porá rumbo a Barreiros e Ribadeo. Tamén viaxará este día a Xunta Parroquial de Fazouro, de Foz, que emprenderá o seu itinerario dende o Pazo de San Marcos e continuará ata Sober e Monforte. Alí, este colectivo visitará unha igrexa románica e un miradoiro, ademais de facer un percorrido en catamarán polo Canón do Sil.
O xoves participará outro grupo de Foz, a asociación Afammer, que fará a primeira parada no Pazo de San Marcos e despois irá ata Samos e Sarria, con visita ao mosteiro, á capela do Ciprés e ao casco histórico sarriano.
A asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras As Encaixeiras, de Burela, e a asociación cultural Lóngaras, de Castro de Rei, son as que desfrutarán desta iniciativa o venres. As primeiras partirán do Pazo do San Marcos para, a continuación, dirixirse ata O Saviñao, onde descubrirán o Ecomuseo de Arxeriz, o miradoiro do Cabo do Mundo e farán un percorrido en catamarán polo Miño dende Belesar pobo. O segundo grupo, os de Castro de Rei, poderán coñecer o traballo da produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación e recalar nos municipios de Navia de Suarna e Cervantes.
O programa Coñece a túa provincia inclúe de balde o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.



















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



