O Partido Popular non aportou nin unha soa suxestión ou idea a este órgano consultivo e de participación en apoio do sector turístico dende a súa creación en outubro de 2018 e as faltas dos seus representantes foron continuas
Lugo, 12 de setembro de 2023. Cero propostas e múltiples ausencias. Este é o balance do que pode presumir o PP no seo do Consello Provincial de Turismo, segundo consta nas propias actas deste órgano consultivo e de participación dende que foi constituído, en outubro de 2018.
Os sucesivos membros do Partido Popular no Consello non fixeron en cinco anos nin unha soa suxestión, nin aportaron nin unha soa idea no marco desta entidade, actuando durante todo este tempo como meros figurantes. Iso cando acudiron, porque as faltas dos representantes populares foron continuas. De feito, a presidenta provincial do partido, Elena Candia, só acudiu a unha sesión e a outra chegou tarde. Tal foi “a desconsideración e o pasotismo” do Partido Popular que a propia Candia nin sequera estivo no pleno do Consello do ano 2019 no que se aprobaron as bases dos premios á excelencia turística e gastronómica que agora critican.
O “nulo interese” e o “desdén” que demostraron durante todo este tempo cara o Consello de Turismo fai que estean “totalmente deslexitimados” para cuestionar o intenso traballo que si realizaron os técnicos e o Goberno provincial, que fixeron todo o posible para sacar adiante os premios á excelencia gastronómica e turística, así como outras iniciativas e proxectos de interese para impulsar o sector, como son os programas Coñece a túa Provincia, Saborea a túa Provincia, o ingreso da provincia na Ruta Transrománica –a de maior entidade en Europa-, rutas gratuítas polo patrimonio románico, as rutas fluviais pola Ribeira Sacra, o apoio a festivais e a rodaxes de películas ou, durante a pandemia, a colaboración co sector servizos a través dos concellos.
A Deputación de Lugo seguirá nesta mesma liña de traballo porque o sector turístico, ao igual que o primario, ten unha “importancia estratéxica” para a provincia.
Antes de saír a criticar, o Partido Popular “debería facer exame de conciencia” para non caer na “incoherencia” e no “máis lamentable ridículo”.



















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



