Nun xornal do venres 15 de setembro aparecía o artigo ‘Hacia la armonía industrial y social del viento’. Xunto con foto e parágrafos subordinados, dúas páxinas. E claridade: en subtítulo, ‘Administración y grandes empresas productoras y consumidoras de energía analizan el desarrollo de proyectos eólicos en Galicia’. Nas fotos, un salón da sede do xornal.
O título chámame a atención. Se entra o ‘social’, onde está a sociedade no que relata o texto? Onde os expropiadiños, onde a xente que se opón, onde os beneficios directos á sociedade máis próxima (non os xerais e indirectos, vía tarifa e consumo), onde a ‘harmonía’?
Está claro quen conta: Administración (entendendo por tal altos cargos, pode que de aí o ‘A’ maiúsculo máis que polo comezo de parágrafo) e grande empresa (entendendo por tal as ‘cabezas visibles’, quizais ‘os’ cabezas visibles, pois nas fotos e texto só aparecen homes a excepción dunha periodista). E, aínda que ás veces conte moito, parece que desta tampouco contaba o poder xudicial, que naquelas datas andaba a mandar dar marcha atrás a autorizacións para parques eólicos. Autorizacións por certo que eran revertidas de xeito relacionado con incumprimentos medioambientais que se escamoteaban nos estudos de impacto pertinentes. Basicamente, quen estaba na mesa redonda pode cualificarse dun xeito amplo co termo anglosaxón de shareholder: posuidor compartido dunha empresa ou actividade. De aí a manter unha condición de equidade e obxectividade que permita usar o que alí se diga para formar unha opinión crítica e levar adiante unha acción para ben de todos, hai un looongo camiño. Camiño que non só non recorría o artigo senón que se encargaba de esvaecer. Case máis ben, dado o lugar do encontro e a propaganda do mesmo, patrocinar como poder mediático.
Está claro tamén que iso non significa ir cara a ‘harmonía industrial e social’. Máis cando sistematicamente a oposición ós proxectos eólicos tal como están concibidos é acalada ou ninguneada. Os participantes na ‘mesa de debate’ eran cualificados cono expertos. Mais todos eles estaban alí non tanto como tales, senón máis ben en función de representantes empresariais e administración na rama de contacto coas empresas. E os expertos (agora, sen comiñas) provintes do conxunto social, da xente de a pé? De ter algo de debate, foi un debate nesgado.
Claro que non debe estrañar que iso ocorra, só con mirar o entramado societario que se usa para este tipo de proxectos. Xa antes de comezar a construción dun parque, a empresa matriz desenténdese de todo o que non sexa apoio e ganancias, tentando desvincularse de riscos ou mala imaxe. E por suposto, tamén das perdas, se as chega a haber. A mensaxe: privatizar o vento ten beneficios. E é certo. Para algúns, claro.





















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



