Neste roteiro organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia visitaranse distintas instalacións das antigas minas, activas entre 1896 e 1966, da man do xeólogo Eduardo González Clavijo
Viveiro, 27 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro acollerá, o vindeiro sábado 7 de outubro, un roteiro polas antigas Minas da Silvarosa, organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia.
Activas entre os anos 1896 e 1966, as Minas da Silvarosa representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.
Neste roteiro ao patrimonio mineiro de Viveiro visitaranse distintas instalacións das antigas minas, na contorna dunha fermosa paisaxe natural, coas explicacións correspondentes do xeólogo Eduardo González Clavijo.
As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.
A actividade comezará ás 10:00 da mañá do sábado día 7 de outubro, e a inscrición na mesma é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa organización, no número 667 647 043






















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



