Presentaron o evento a alcaldesa María Loureiro, o concelleiro de Deportes Eleazar José Rodríguez Abuín e membros da organización
Viveiro, 1 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro presenta unha nova edición do seu Torneo de Pádel, que terá lugar entre o martes día 5 de setembro e o domingo día 10. As inscricións poden realizarse ata o día de mañá sábado 2 de setembro no enderezo www.mistorneosonline.es
Participaron na presentación deste novo evento deportivo a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín, e membros da organización.
O II Torneo de Pádel Concello de Viveiro constará de cinco categorías: primeira masculina, segunda masculina, terceira masculina, mixta e feminina. A inscrición ten un prezo de 20€ máis 10€ por cada categoría adicional, agás para socios do Club de Pádel Viveiro, unha das entidades organizadoras, que poderán inscribirse por 15€ máis 10€ por cada categoría adicional.
Pode solicitarse máis información sobre o evento nos números de teléfono 609 867 016 e 635 549 330. Ademais do Concello de Viveiro e o Club de Pádel Viveiro, participan na organización a Deputación de Lugo, o Hotel Ego e o Hotel Viveiro.






















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



