Foz, 4 de outubro de 2023. A concelleira de Facenda e Cultura, Inés López Couto, di que o Partido Popular foi ao pleno da corporación municipal celebrado este luns “a mentir e nin se dignou a ler os temas que xa se debateran na comisión de asuntos preparatorios. A proposta aprobada en pleno rezaba Un suplemento de crédito por importe de 180.000,00 €, para o financiamento de certa aplicación orzamentaria para cubrir o pago das facturas da residencia e centro de día ata que comece o novo contrato, polo que resulta ata ridículo ter que responder ás acusacións que escriben.
Dótanse 180.000 euros máis para seguir pagando as facturas da residencia de Foz, grazas á nula aportación da Xunta de Galicia. A labor de fiscalización do PP non inclúe mentir acerca dos temas que se tratan no pleno. Como xa lles dixen na sesión, o mínimo é o respecto á institución e aos veciños de Foz. Non se aprobou ningún suplemento de crédito para a área de Cultura”.
Inés López Couto engade que “deberían ser máis rigorosos coas informacións antes de espallar mentiras por aí. Sabemos que non lles gustou á Festa do Berberecho, xa que foi a edición que contou con máis xente. Tamén sabemos que no ano 2016 a Deputación de Lugo lles concedeu unha subvención nominativa para o pago de gastos desta festa, que o señor Castiñeira nin xustificou, co que se perdeu ese diñeiro. E no ámbito cultural sabemos que o investimento, calquera que sexa, non é o seu forte. Cando tomamos posesión a biblioteca estaba medio pechada, cun fondo sen catalogar e no que non había nin a metade dos libros. Non fixeran investimento de ningún tipo. A inversión cultural foi nula en xeral por parte do goberno municipal do PP”.
A concelleira de Facenda explica tamén: “continuando con seu argumento de pagar en prazo ou non, só un dato: parte das orquestras que contratou no mes de agosto do 2017 cobraron en xullo do 2018. Sexan serios, por favor”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



