Os pilotos correrán cinco treitos cronometrados en estradas de Outeiro de rei, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria
Lugo, 13 de outubro de 2023. Este mediodía presentouse na Praza de San Marcos o Rally San Froilán, que prepara a 45 edición con 125 equipos inscritos, máis de medio cento pilotos das comarcas de Lugo.
A proba, organizada pola Escudería Miño, contará con cinco treitos cronometrados en Outeiro de Rei -dous, un en Bonxe e outro en Guillar -, O Corgo, Láncara e entre O Páramo e Goián (Sarria), que se disputarán na tarde do venres 20 de outubro e ao longo da xornada do sábado 21 de outubro.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é un ano máis a principal patrocinadora da proba, cunha achega de 30.000 euros. Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro remarcou “ademais de recibir os mellores pilotos de Galiza, que pelexan polos primeiros postos do Campionato Galego de Rally, o Rally San Froilán congrega sempre moitos equipos das comarcas de Lugo que preparan dun xeito máis modesto pero con moito entusiasmo a súa participación no rally máis emblemático do calendario galego”
O responsábel provincial encadrou o patrocinio da proba “na implicación da Vicepresidencia da Deputación coa promoción do automobilismo cunha liña de axudas específicas para pilotos de rally e co programa Volante Deputación que cada ano dá oportunidade de particpar na proba a un piloto novel”, nesta edición o piloto lucense Hugo Iglesias, que correrá no equipo de competición PTC Escuela nun Toyota Yaris.
No acto, que se celebrou no Pazo de San Marcos, participaron unha decena de pilotos, que trouxeron os seus coches a Praza de San Marcos, representantes do Concello de Lug e dos municipos polos que transcorren os distintos treitos, así como da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Automobilismo.
Programa
O Rally comezará na tarde do venres. Os coches saíran do parque pechado de Frigsa (18.20 horas) para facer as primeiras pasadas polos treitos de Outeiro de Rei (Bonxe e Guillar), e volverán a Lugo para facer a cerimonia de saída no fondo da Praza Maior de Lugo (21.30 horas).
A ceremonia de saída do Rallly San Froilán celebrarase na Praza Maior de Lugo o venres 14 a partir das 19.30, coa chegada dos coches ao fondo da Praza desde o aparcadoiro do Auditorio Gustavo Freire, para saíren cara ao parque de traballo situado no poligono de Outeiro de Rei.
Na xornada do sábado, os pilotos farán a segunda pasada polos treitos de Outeiro de Rei e os treitos de O Corgo, Láncara, e o de Goián, por estradas dos concellos de O Páramo e Sarria.
O cartel desta edición é unha homenaxe a Barbara Gómez, copiloto coruñesa que faleceu o pasado mes de setembro nun accidente no Rally Valle de Laciana en León.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
