Dani Vega subliñou que se incrementa a súa duración e tamén o número de casetas
Ribadeo, 27 de outubro de 2023. Ata o 15 de novembro está aberta a inscrición para participar no Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebrará do 1 ao 10 de decembro na contorna da praza de abastos.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “desde o Concello xa estamos a organizar todas as actividades entorno ao Nadal e empezamos por este Mercado tradicional.
Terá lugar do 1 ao 10 de decembro e este mítico e singular Mercado do Nadal preséntase como un espazo de cheo de oportunidades para todos os profesionais da artesanía, do deseño e da gastronomía. Vai funcionar como unha plataforma onde se visualiza perfectamente o traballo de cada profesional e o talento creativo”.
O rexedor subliñou que “como novidades este ano no Mercado do Nadal incrementamos os días de duración, collemos dúas fins de semana, que iso realmente é importante á hora das vendas, e tamén incrementamos o número de casetas. Isto significa potenciar a economía da vila, a tradición, a artesanía, o traballo e o talento de cada profesional participante. E estamos promocionando o produto de proximidade”.
Vega explicou que “o Mercado do Nadal estará instalado na contorna da Praza de Abastos. E o prazo de inscrición xa está aberto. Ata o 15 de novembro se poden presentar as solicitudes. Pódese facer de dúas maneiras ou por sede electrónica ou de xeito presencial a través do rexistro do Concello. As bases xa se poden consultar na páxina web do propio Concello, aí está toda a información”.
Para o alcalde ribadense “sen lugar a dúbidas o Mercado tradicional do Nadal en Ribadeo estámolo potenciando e queremos que haxa unha longa vida para un mercado que fala moi ben do pobo, que queremos potenciar a economía local e seguir trazando todos unha estratexia para impulsar Ribadeo”.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



