Burela, 7 de outubro, 2023. Xornada 4 da 1ª División Iberdrola FS, o Nueces de Ronda Atlético Torcal – Pescados Rubén Burela FS celebrouse ás 18.00h no Pavillón Guadaljaire de Málaga. Ante un equipo recién ascendido pero moi motivado e competitivo, as recentes Campioas de todo continuaron sumando puntos para a clasificación cun resultado final 1-3 tras un hat-trick da recentemente chegada e Campioa de América, Emilly. Tres goles que custaron pero que chegaron.
Durante a primeira metade o encontro permanece bastante igualado. Comeza o Burela cunha ocasión de Cami e dúas do Torcal no minuto 2. A posesión é do Pescados Rubén pero cústalles finalizar e non é ata o minuto 17 no que Emilly a mete entre os paus coa zurda tras unha boa xogada combinativa. Tras unha clarísima oportuindade do equipo malagueño que case empata o encontro chega o descanso a poucos segundos.
Na segunda parte sae Jozi Oliveira a portería, tamén recien chegada e Campioa de América. Tras varias oportunidades que tamén se ven frustradas para o conxunto laranxa, chega o segundo gol de Emilly desde dentro da área nun rexeite. No minuto 34 Ksenia empata ao equipo mariñán nunha contra. Tras unha oportunidade moi clara de Irene Samper despois dunha contra e outra de Emilly ao segundo pau que vai fóra, chega o terceiro gol da crack brasileira a portería baleira no xogo de 5 co que presionaba o Torcal.
Un partido difícil pero que rematou puntuando para o conxunto de Julio Delgado. Tras unha longa viaxe de volta as Guerreiras prepararanse para o seu próximo encontro este mércores 11 en Zaragoza na segunda eliminatoria da Copa da Raíña na que se enfrontarán ao Wanapix Aldelis Intersala 10 Zaragoza. Tamén para o seu próximo partido de liga o vindeiro sábado 14 ante o CD Leganés en Vista Alegre.
Ficha Técnica Nueces de Ronda Atlético Torcal 1-3 Pescados Rubén Burela FS
Nueces de Ronda Atlético Torcal (1): Valeria; Cristi, Eva, Ale, Ksenia – quinteto inicial – Afri, Kichi, Paula, Nuria, Raquel, Julia, Sarita. Entrenador: Víctor Quintero.
Pescados Rubén Burela FS (3): Caridad; Dany (C), Cilene, Cami, Irene Samper – quinteto inicial -, Jenny, Antía Pérez, Rafinha, Patricia, Noelia Montoro, Emilly, Jozi Oliveira. Entrenador. Julio Delgado.
Goles: 0-1, min. 17: Emilly. 0-2, min. 31: Emilly. 1-2, min 34: Ksenia. 1-3, min 37: Emilly.
Árbitros: Javier Moreno Reina, Antonio Jesús García Robles, Borja David Gre Arroyo, Ceferino Sánchez Medinilla.
TA: Víctor Quintero Reina del Nueces de Ronda Atl. Torcal. Dany del Pescados Rubén Burela FS.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.


