O 22 de novembro do ano 2017 un tolo ou un criminal prantou lume en Noceda, aproveitando un deses días -daquela raros- nos que se daban na Mariña as condicións ideais para a súa propagación: máis de 30 grados de temperatura, máis de 30 km/hora de vento e menos dun 30% de humidade relativa. O que ven sendo unha tarde de forte vendaval.
Fernando estaba alí, avisado axiña e atento ós acontecementos, e viviu en primeira persoa a magnitude dun lume destes de agora, que aproveitan situacións cada vez máis favorables (máis temperatura, máis vento, máis seca) e que afectan a montes cada vez máis frondosos, menos coidados e cheos de especies pirófilas. Tivo tempo de comprobar a imposibilidade de frealo cos medios daquela dispoñibles (hoxe tampouco cos actuais damos feito) aínda que por sorte, coma este ano, veu a choiva a salvar a situación.
Consciente así do risco a que nos enfrentabamos, a reacción foi traballar no cumprimento legal no noso concello no que se refire a distancias entre vivendas e masas forestais. Unha iniciativa polémica por ser pioneira nun país que sufrira xa dez anos antes una onda de lumes gravísima, que trouxera tras ella a aprobación da Lei de Incendios. Unha norma nunca implementada trala chegada do PP e polo medo cerval dos políticos locais a enfrontarse coa veciñanza e perder votos.
Pasaron seis anos desde aquela, e outro desalmado ou tolo voltou a prantar lume, desta volta en varios puntos para poñelo máis difícil a quen ariscan a vida por protexernos, e moitas comprobamos o ben que estivo que un alcalde fixera cumprir as normas. Probablemente varias casas salvaron grazas a aquelo, mais non todas, que tamén algunha tivo que salvarse arriscando a vida o propietario despois de anos pedindo ó veciño que cumprira a lei sen éxito.
En definitiva, as normas están para cumprilas ou cambialas. E os alcaldes, concelleiros, técnicos e policías, están para vixiar o seu cumprimento sen que un teña que enfrontarse co veciño. Vai no sueldo. Isto vale para a distancia para os lumes, para a velocidade dos vehículos nas rúas, para as bicicletas nas beirarrúas, ou para o ruido dos coches e dos locais. Facer cumprir a norma pode ser ingrato, porque quen máis incumpre adoita ser quen máis berra, pero a maioría da veciñanza aproba que se vixíe e se obrigue ó cumprimento das normas. E aínda cando non o fai, o tempo remata por poñer a cada acción a nota que merece.
Centrándonos de novo nos lumes, quedou clara a nosa incapacidade de loitar contra eles, somos tamén conscientes de que a rareza dos 30, 30 e 30 xa non é tal, e que as opcións para tolos e criminais de convertir a Mariña nunha tea son tan abondosas que podemos ter por certo que este non vai ser o último. O razoable é polo tanto prepararnos, en primeiro lugar facendo cumprir a lei sobre distancias a vivendas, mais tamén a pistas e regos. Porén, isto probablemente non será abondo xa: se mantemos a actual alfombra de eucalipto, nada se pode facer fronte a eles pois os lumes poden saltar centos de metros.
Cómpre logo redeseñar o noso monte, de xeito que a alfombra dea paso a un puzle que arda doutro xeito. De eucalipto, si, mais tamén de piñeiro, intercalando vexetación de ribeira nos regos, froiteiras ó redor dos núcleos, fragas nas zonas máis costas, matogueira ou pastos nos cumios, etc, cun esquema que optimice e diversifique os aproveitamentos. Para ilo, como ben expuña Anxo fai un par de meses na Casa do Mar, haberá que optar por un esquema de xestión conxunta das propiedades, ó estilo dos montes comunais, rescatando a figura das UXFOR ou similares.
Non haberá mellor momento ca este para comezar ese traballo, co lume aínda nos ollos e o cheiro do fume no nariz. Temos técnicos, temos comunidades de montes e PROMAS, temos locais para xuntarnos. E coma da outra vez é o alcalde quen debera liderar a mudanza.
Sabemos que o lume volverá, pero non debera volver a chegar desde Trabada a Vilaframil.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



