Ribadeo recupera pouco a pouco a normalidade tras o lume que o mantivo en vilo a madrugada do pasado venres
Ribadeo, 16 de outubro de 2023. O alcalde, Dani Vega, agradece todo o traballo realizado para o control e extinción do incendio aos diferentes axentes implicados, desde brigadistas e veciñanza ata técnicos municipais ou servizos sanitarios, entre outros.
O rexedor declarou que “despois de todo o que ardeu, despois de todo o que sufrimos a situación empeza a ser de normalidade. Queda analizar e concretar as medidas a adoptar, por iso creo que os alcaldes que sufrimos estes incendios pedimos esa reunión coa Consellería de Medio Rural. Tanto ao alcalde de Foz como á alcaldesa de Trabada parécenos razoable concretar as medidas a adoptar nesa xuntanza. Agora non toca divagar senón que o que hai que facer é adoptar medidas que sexan eficaces”.
Para Dani Vega o que toca nesta xornada é agradecer todo o traballo realizado: “hoxe toca tamén as grazas a todas as persoas que loitaron, que defenderon e que estiveron en alerta permanente: aos brigadistas, aos técnicos forestais, a todas esas persoas que nos invadiron de medios. Creo que a Xunta fixo un bo traballo. Tamén grazas a todos os veciños e veciñas de Ribadeo e dos distintos concellos que colaboraron para apagar este lume.
Grazas a todas esas persoas que sen pensalo acudían aos lumes a axudar, a defender as casas e creo que hai que destacar esa gran labor que fixeron moitos gandeiros cos seus tractores e coas súas cisternas, moitas empresas tanto Agropres, como Irmandiños, Clun agora, que puxeron os seus tractores e viñeron apagar o lume. Grazas aos veciños de Ribadeo, que me sinto orgulloso deles, estiveron traballando incansablemente, polas noites cando estabamos todos permanentemente en alerta eles estaban axudando. Tamén aos alcalde de Trabada e de Foz, como o resto dos alcaldes da Mariña que estiveron preocupados por estes incendios”.
O rexedor tamén da as grazas “aos grupos políticos, ao PSOE e ao BNG, que estiveron colaborando, trasladando as súas preocupacións e apoiando ao goberno local. Grazas a todos os técnicos e traballadores municipais porque desde o minuto un se entregaron á causa e fomos un Concello que traballou rápido, dotamos de equipamento un pavillón para que todas as persoas que ao mellor tiñan que saír das súas casas tiveran un lugar no que aloxarse, ou incluso camas para persoas con mobilidade reducida, cadeiras de rodas. Grazas aos técnicos municipais, á Policía Local, á Garda Civil, á Protección Civil, que estiveron colaborando en todo momento; grazas aos servizos sanitarios por axudar, grazas tamén por toda a colaboración prestada pola Cruz Vermella; grazas aos hoteis, que ofreceron as súas instalacións para acoller ás persoas que tivesen que deixar a súa casa, aos bares e restaurantes por achegarse rapidamente con comida e para ofrecer axuda e tamén grazas a Acisa, que estivo colaborando para que se instalase todo rapidamente no pavillón ou para achegar persoas ou alimentos a esa instalación polideportiva. Todos destes un exemplo”.
Para Dani Vega “hoxe é ese día no que fas esa reflexión clara e rotunda, onde a palabra é grazas a todos por colaborar”.
























Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



