O BNG presentará emendas para impulsar máis dinamismo e compromiso con Lugo
Lugo, 24 de outubro, 2023 A deputada nacionalista por Lugo, Carme Aira, fixo, en chave lucense, unha valoración inicial do proxecto de orzamentos que vén de facer públicos da Xunta de Galiza e lamenta que “os orzamentos 2024 confirmen o abandono do PP a Lugo ao ser un refundido de promesas atrasadas no tempo, sen medidas novas para blindar servizos como a sanidade pública ou para o impulso económico”.
De forma singular, a deputada lamenta que “proba deste abandono son esquecementos para Lugo da importancia de consignar unha dotación orzamentaria para a recuperación do barrio da Tinería, que sería fundamental para darlle un pulo á cidade e que leva sen ningunha nova dotación dende a época do bipartito”
Neste sentido, a deputada nacionalista subliñou diversos proxectos que a Xunta non está rematar nin destinar os suficientes recursos “o Porto Seco de Monforte, que leva máis de dez anos en situación de parálise e ao que recorrentemente se lle asignan 500.000€ a sabendas de que non se van usar precisamente porque son insuficientes para cumprir coas exixencias do goberno do estado”. “O desdobramento do corredor entre Nadela-Sarria, fundamental para comunicar o centro e o sul da provincia en condicións de máxima seguridade viaria, non vai chegar a ser minimamente unha realidade até 2027.
Aira lembrou que estes proxectos foron anunciados nos derradeiros anos mais sen executarse “incumprimento tras incumprimento sen mover un só papel en todo este tempo, esa é a credibilidade do Partido Popular con Lugo, as mesmas promesas de sempre que nunca se cumpren ” tal e como se demostra na lentitude da reconstrución da estrada Lu-651 que vertebra o concello de Folgoso do Caurel que non se rematará ata finalizado o 2026.
Cuestións fundamentais como garantir un transporte público resolutivo e de calidade que vertebre o territorio, as melloras que se precisan no transporte escolar ou unha loita integral contra o despoboamento non son tidas en conta. Tampouco as inversións en Sanidade parecen suficientes xa que as carencias na atención primaria ou tamén no hospital comarcal de Monforte merecerían unha especial dotación.
Por isto, o BNG impulsará emendas para pór os intereses e as necesidades das luguesas e lugueses e afondar nun maior compromiso con Lugo “presentaremos emendas para incentivar un maior dinamismo económico e social para as comarcas de Lugo, como o impulso de infraestruturas clave como son o corredor Lugo-Monforte, o Porto Seco ou a rehabilitación da Tinería, como tamén emendas para mellorar as oportunidades e garantir os mellores servizos á veciñanza das comarcas de Lugo facendo especial fincapé en dotar ao rural de elementos de habitabilidade que o fagan atractivo para desenvolverse socioeconomicamente entorno ao sector primario, permitíndolle á súa vez unha maior fixación de poboación” declarou Aira.




















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



