Cualifica de “inxustificable” subvencionar centros concertados con ideoloxías “machistas, negacionistas, segregadoras e discrimintorias”
Santiago de Compostela, 18 de outubro, 2023. A través dunha pregunta parlamentaria, a portavoz de Educación, Cristina Fernández denunciou a “política de concertación da Xunta con centros de ensino segregadores por sexo” ao tempo, dixo, que continúa reducindo os recursos do ensino público.
Neste sentido, preguntou sobre o investimento realizado con fondos públicos mediante convenios con centros educativos privados que segregan por sexos e lembrou que Las Acacias e Montecastelo en Vigo, Montesiño en Culleredo e Peñarronda na Coruña son beneficiarios de convenios para os vindeiros 6 anos.
A parlamentaria explicou que o pasado 18 de agosto o DOG publicaba os concertos cos centros docentes privados de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial e de FP furando os centros mencionados, “centros educativos que segregan ao alumnado por sexo e que manteñen os concertos coa Xunta e incrementan incluso o número de unidades con respecto ao reparto anterior, o realizado en 2017,pasando de ter concertadas 46 unidades a 58”.
Resulta chamativo, dixo a nacionalista, observar que mentres aumentan as unidades dos centros privados concertados, no ensino público “se reduce o número de aulas drasticamente”. Nos últimos 14 anos, ao tempo que o goberno do PP sigue pagando miles de millóns en concertos coa privada, pechaba 187 centros de Infantil e Primaria; 262 unidades de Infantil, Primaria e aulas Mixtas; 257 unidades menos en Secundaria; 156 menos en Bacharelato e 89 menos en educación de adultos.
“Mentres vostedes concertan para 6 anos, os centros públicos están a sufrir os recortes máis drásticos das últimas décadas en profesorado e especialistas para atención á diversidade do alumnado que máis o precisa”.
Pero o desvío de fondo, engadiu Cristina Fernández, non ten só esa consecuencia porque mentres no ensino público hai que pagar os libros de texto, o material escolar e todos os servizos complementarios de conciliación constatamos como se acaban de comprometer 1.900 millóns de euros para os vindeiros 6 anos mediante concertos co ensino privado.
En agosto, a Consellaría de Educación indicou que os centros que “anteriormente podían legalmente diferenciar ao alumnado en función do seu xénero pasan agora a adaptarse ao establecido na norma estatal” e os centros educativos afectados debían aceptar esta modificación legal para acceder á renovación do concerto.
Os centros concertados continúan segregando por sexo
Sen embargo, nese mesmo mes, diferentes medios de comunicación informaron de que esta práctica de desagregación do alumnado por razón de sexo seguía “vixente nos centros privados concertados de A Coruña e Vigo” e que só ofertaron as prazas de 1º de Primaria aos dous sexos.
A deputada do BNG acompañou as súas criticas con informacións publicadas en diferentes medios de comunicación confirmando que a práctica segregadora continúa sendo unha realidade a pesar de estar prohibida pola Lomloe e a CIG-Ensino, engadiu “acusa a colexios do Opus de saltar a lei e pide á Xunta que vixíe que non segregan alumnado por sexo”.
A portavoz de educación lamentou que o director Xeral de Centros educativos e Recursos, José Manuel Álvarez Bértolo eludira responder ás cuestións relativas á obriga da consellería a que se cumpran as normas sobre o réxime de concertos para os próximos anos e o desglose de nenos e nenas no curso escolar 23/24 nos centros concertados.
Cristina Fernández rexeitou o argumento de Álvarez Bértolo sobre unha “pretendida liberdade das familias” á hora de escoller os centros educativos para xustificar os concertos con centros que segregan.
A deputada do BNG concluíu a súa intervención reclamando a información obxecto das preguntas realizadas relativas aos centros segregadores e o número de alumnas e alumnos matriculados nos mesmos, en cada aula en todos os niveis e etapas.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.



