Manuel Rouco explica que se están a cumprir os prazos na EDAR de Burela polo que non corren risco os fondos europeos, un compromiso que a Xunta de Galicia ratifica coas sucesivas licitacións que se realizan da obra
Burela, 28 de outubro de 2023. Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2024 certifican o compromiso do goberno autonómico con Burela xa que está previsto investir no municipio máis de 4,7M€ de forma directa. Así o certifican os concelleiros do Grupo Municipal do PP en Burela que non entenden as críticas da rexedora burelense ás contas da Xunta para o municipio.
O voceiro popular, Manuel Rouco, ve “moi tristes” as críticas de María del Carmen López Moreno ás contas da Xunta para Burela que inclúen unha partida de 2,7 M€ para o saneamento e a EDAR, máis de 1 M€ para a segunda fase da obra de ampliación e remodelación integral do Hospital da Mariña, 830.000€ para o reforzo do dique do porto e 170.000€ para a mellora da ETAP.
“A realidade é que a alcaldesa de Burela critica os compromisos da Xunta co municipio mentres ela é incapaz de sacar adiante as contas do Concello das que nada se sabe”, afirmou.
O popular explica que seguramente a López Moreno o que lle gustaría é que a Xunta de Galicia non investise en Burela para poder queixarse “un pouco máis”. A EDAR de Burela é un compromiso do Grupo Municipal do Partido Popular: “Estanse a cumprir os prazos polo que non hai perigo de perder os fondos europeos”, afirmou.
A Xunta de Galicia así o ratificou coas sucesivas licitacións que está a realizar da obra.
PROMESAS INCUMPRIDAS DO BIPARTITO LOCAL
Manuel Rouco non entende que a rexedora critica á Xunta de Galicia cando “ela mesma formou parte dun goberno que incumpriu sistematicamente numerosos compromisos”.
No programa de goberno da alcaldesa defendeu numerosas promesas que xa realizara o anterior alcalde do PSOE “unha mostra de que ninguén se pode fiar da súa palabra”, sendo algunhas desas promesas referentes ás súas áreas de goberno “e non foi capaz de realizalas”.
“Tamén son importantes para Burela as promesas que realizaron os diferentes gobernos socialistas e que nunca chegaron a cumprir, polo que a alcaldesa debería de deixar de queixarse tanto e traballar por Burela e para que Burela teña uns orzamentos xustos e equilibrados o vindeiro ano”, finalizou.




















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



