Unha vez máis, os impedimentos da Administración para acceder a atención presencial implica prexuízos para a cidadanía
Compostela, 2 de Outubro 2023. Durante o mes de setembro, a Tesourería Xeral da Seguridade Social estivo mandando unhas cartas a persoas traballadoras na actividade agraria por conta propia reclamándolles cantidades de diñeiro correspondentes a cotas de cotización de diferentes períodos entre os anos 2019 e o 2021, nos que estiveron de baixa durante máis de 60 días. O pasado venres 29 de setembro, a Seguridade Social fixo o cargo destas cotas nas contas das persoas traballadoras.
Porén, as cotizacións que lle reclaman agora foron pagadas no seu momento polas mutuas, que tiñan a obriga de facerse cargo delas en virtude da modificación que se fixo no seu día do artigo 308.1 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, que establecía que as mutuas se farían cargo das cotizacións das persoas traballadoras por conta propia a partir do día 60 de incapacidade temporal.
Por parte do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) xa estamos a traballar para reclamar contra as mutuas e a Tesourería Xeral da Seguridade Social para que sexan as mutuas as que se fagan cargo destas cotizacións.
Aínda que o texto da Lei mencionaba que se farían cargo desta cobertura “con cargo ás cotas por cese de actividade”, a redacción do mesmo non vincula o dereito coa cotización por cese de actividade. Sen embargo, tanto as mutuas como a Tesourería Xeral da Seguridade Social obviaron esta interpretación e están a reclamarlle diferentes cantidades de diñeiro ás labregas e labregos que non tiñan esta cobertura e estiveron de baixa máis de dous meses entre o 2019 e o 2021.
A actual redacción do texto legal fíxose máis clara a partir do ano 2022 e arestora dálle cobertura a tódalas persoas traballadoras aínda que non estean cotizando con dereito a cese por actividade. De feito, malia que no período entre 2019 e 2021 existen diferentes interpretacións, nunha resolución publicada no ano 2022 polo Consello Xeral do Poder Xudicial, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, falla a favor da persoa traballadora e en contra da mutua, determinando que debe ser esta última a que ten que facerse cargo das cotizacións a partir do día 60 dunha incapacidade temporal en tódolos casos, con independencia de ter ou non a cobertura de cese de actividade. Xa que logo, é totalmente improcedente que tanto as mutuas como a Tesourería Xeral da Seguridade Social carguen sobre as labregas e labregos as cotizacións das que xa se fixeran cargo no seu día, optando tanto a Administración como as propias mutuas por unha interpretación da normativa ao seu favor e na contra das persoas traballadoras.
Esta situación de indefensión vese agravada pola obriga de relacionarse de forma telemática coa Seguridade Social, que lle impide ás persoas acudir ás oficinas de forma presencial para recibir información sobre a súa situación ou realizar calquera trámite, como aprazamentos ou reclamacións. Ademais de dificultar a súa relación ca administración pública, a exclusión do dereito a ser atendidas presencialmente implica que moitas das persoas traballadoras autónomas se vexan obrigadas a recorrer a servizos externos con custo económico para poder facer estes trámites, o que na práctica supón unha privatización mais dun servizo público.
Canda a paralización do cobro de cotas e o reintegro inmediato das xa cobradas, por parte do Sindicato Labrego Galego demandamos que se recupere de xeito inmediato a atención presencial en tódolos trámites realizados pola Administración pública, e condenamos a discriminación e graves prexuízos que para a cidadanía no seu conxunto está a supor a imposición excluínte do actual modelo de dixitalización.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



