Lugo, 11 de outubro de 2023. Traballadores e traballadoras de Corporación Alimentaria Peñasanta SA (propietaria de marcas tan coñecidas como Larsa ou Central Lechera Asturiana), concentráronse este mércores diante dos xulgados de Lugo coincidindo co xuízo polo incumprimento das garantías económicas recollidas no convenio colectivo.
Á demanda de conflito colectivo, explica o secretario da FGAMT-CIG de Lugo-A Mariña, Christian López, chégase despois do proceso de negociación coa empresa, de numerosas mobilizacións, de acudir á comisión paritaria e dunha mediación que rematou sen acordo pola negativa de CAPSA a aplicar a cláusula de revisión salarial segundo estabelece o convenio colectivo propio.
“O conflito refírese a actualización dos salarios de 2023, polo incumprimento da empresa na revisión do ano 2022 conforme ao IPC real que marca o convenio”, subliña López. CAPSA aplicou o incremento salarial do 1,9% pactado para 2022, pero non actualizou nas táboas de 2023 a diferenza até o 5,7% que correspondería polo IPC real do ano anterior.
Este grave incumprimento do convenio implica ademais que a empresa calculou a suba dos salarios deste ano sobre unhas táboas sen actualizar.
O representante da CIG critica esta conduta nunha empresa de base cooperativa e que gasta contías indecentes en publicidade para transmitir unha imaxe de compromiso social. “E non obstante, non ten sensibilidade ningunha coas súas traballadoras e traballadores”.
Advirte que este conflito colectivo “é un punto e seguido” na loita iniciada polo persoal, porque “se o resultado non é satisfactorio na vía xudicial esta situación poderíase reproducir e intentar levarse á negociación do próximo convenio”. Neste senso, denuncia o cambio na política retributiva desta empresa “que na actualidade unicamente está a optar pola vía do incumprimento e do conflito”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



